¿Como fago socia á miña familia?
- Cubre os datos do Google Forms neste formulario para asociarse á ANPA A Rúa.
Se o prefires, podes descargar a Solicitude de inscrición á Anpa A Rúa e enviarnos a imaxe (fotografía / escaneo) á nosa dirección de correo: anpa.arua@gmail.com - A cuota anual para o curso 25/26 é de 18€ por familia, que se abona mediante transferencia bancaria na conta do BANCO SANTANDER con número:
ES36 0049 7823 02 2910029753
CONCEPTO: Cuota Familia Apelido-1 Apelido-2 (apelidos do/a alumno/a)
Aviso:
As familias que teñan fill@s escolarizados noutros centros incluídos na Federación de ANPAS Galegas realizarán un único pago.
Aínda que o pago non se realice no CEIP A Rúa, deberán cubrir igualmente a folla de inscrición e achegar o xustificante bancario para poder contabilizalos como socios/as.
¿Por qué é importante facerse socio?
Para facer comunidade.
Para poder manter e aumentar presenza na vida escolar da nosa cativada, non só como observadores senón como partícipes.
En moitos casos, como no das subvencións, que nos permiten como AFA levar a cabo moitas actividades, obradoiros.... o número de familias socias é un aspecto importante no baremo final de puntuación que decide se estas axudas nos chegan ou non....