Amosando publicacións coa etiqueta Documentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Documentos. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de xaneiro de 2018

Información cota anual ANPA

Ningún comentario:
Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo soci@s ou iniciarse como soci@s da A.N.P.A este curso 2017/2018, que o importe da cota anual é de 15€ por familia, e que a forma de pago farase mediante ingreso bancario nunha oficina de Abanca, con estos datos:
Abanca conta nº: ES64 2080 5079 8330 4000 1135
Concepto: "COTA ANPA", Nome d@ nen@ ou nen@s:................ Curso/os:................
Importe: 15€
Lembrámosvos que, beneficiaranse coa subvención da ANPA para a excursión de fin de curso de 6º de primaria, os alumnos que foran soci@s como mínimo durante os dous anos do 3º ciclo, é dicir, 5º e 6º.
Tamén debedes saber que tódolos pais que teñan fillos noutro centro da Federación de Anpas Galegas, farán unicamente un pago por algún deles, pero se non é no CEIP A Rúa, debedes enviar un xustificante para o noso coñecemento, e contar como socios ós alumnos da mesma familia.
Tamén recordar que para poñervos en contacto con nós, podedes facelo a través do buzón que se atopa na recepción do cole, vía correo electrónico anpa.arua@gmail.com  e tamén por suposto directamente cando nos atopemos no colexio.
Gustaríanos que superades a importancia que ten ser soci@ da ANPA, non só para axudar a sufragar entre outras cousas, a Festa de Fin de Curso, o Cross Escolar, a Festa de Nadal, etc.. cun aporte económico importante ou as distintas colaboracións coa directiva do colexio ó longo do curso. Ademais pódense levar a cabo diferentes proxectos, coma foi no seu momento a compra de ordenadores para o centro ou o pintado e arranxo do chan da aula de 3 anos, pintado do muro exterior, etc,  beneficios dos que non disfrutaríamos todos se non tivera colaborado a ANPA.
Esperando que o consideredes tan prioritario coma o é para nós, saúdavos atentamente,

A Xunta Directiva

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Documento que contén as directrices e liñas de actuación da Concellaría de Ensino do Concello de Cangas - 2016

Ningún comentario:

..:"No pasado Pleno do Consello Escolar Municipal de Cangas, celebrado o 2 de decembro  de 2015, marcáronse obxectivos, directrices  e liñas básicas a desenvolver neste novo ano 2016. Propostas e obxectivos que se complementerán e definirán nas vindeiras novas xuntanzas dos primeiros meses do ano en curso con todos os sectores da Comunidade Educativa. ...": Puntos: 1-Consello Escolar Municipal; 2-Xuntanza con sectores educativos; 3-Plan de actividade

luns, 7 de setembro de 2015

Aula Matinal traballando dende o día 10

Ningún comentario:
Informámosvos, que o vindeiro xoves día 10, dará comezo o servizo de Aula Matinal, de luns a venres e de 08.00 a 09.30. Adxuntamos novamente a circular coa información. As familias interesadas neste servizo, por favor que se poñan en contacto con nós para poder informar dos nenos e nenas usuari@s.
Contactanos: 666428157 //657082962

mércores, 24 de xuño de 2015

Emotivo documental feito pol@s profes e alumn@s de 5ª de Primaria do curso 2014/15. Parabéns

Ningún comentario:
Precioso documental d@s alumn@s e profes de 5º curso de Primaria deste curso 2014/2015. Consecuencia do proxecto de "Cine en Curso", o documental se titula "Deixando atrás" que ofrece a súa mirada sobre a emigración en Galicia nos anos 50-60:

sábado, 23 de maio de 2015

Documento de recollida de firmas pola "reválida"

Ningún comentario:
Importante!! Adxuntase documento para recollida de firmas, pola reválida. Asinalo e totalmente voluntario, pero cantos mais sexamos, máis forza faremos. Unha vez asinado deixao no buzon da anpa antes do mércores. Gracias!! e desculpade por case non ter tempo. Se podedes difundilo. Gracias dende a Federación de Anpas!!

mércores, 18 de febreiro de 2015

Documento do protocolo de coordinación, intervención e derivación interinstitucional en atención temperá (Xunta de Galicia)

Ningún comentario:
..:"Co obxectivo de establecer esa debida coordinación, procurar a complementariedade das intervencións e garantir un modelo único de intervención, foi elaborado o presente protocolo, froito do traballo interdisciplinario e colaborativo do persoal especialista e técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Consellería de Sanidade e da Consellería de Traballo e Benestar.
Un protocolo de coordinación deséñase como unha ferramenta de traballo para os profesionais que participan na atención a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos"....

venres, 10 de outubro de 2014

sábado, 13 de setembro de 2014

Documento de regulamento de comedores de xestión indirecta (2014-2015)

Ningún comentario:
Instrucción 2/2014 da secretaría xeral técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 5 de xuño sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2014-2015... (ficheiro pdf)