Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Igualdade. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de novembro de 2021

📚Sabes como funciona a Biblioteca viva da Gameliña?

 A Gameliña, Federación de Anpas de Cangas, pon a disposición das familias a Biblioteca Viva:

🔵 Para ver todos os libros, videoxogos e xogos que temos dispoñibles consulta no seguinte enlace o listado 👇

https://federanpasdecangas.blogspot.com/2021/10/biblioteca-viva.html?fbclid=IwAR1NDP4NMcHINWoNsakJ-BuOkvpcjKycUcjuT5yOL0uXZ2rdrFGSnsbt8Sk



🔵 Cando elixas o que queres envia un correo solicitandoo a biblioanpas.igualdade@gmail.com , as solicitudes que cheguen antes do martes entréganse na mesma semana o resto quedan para a seguinte.

🔵 O mércores unha persoa da túa ANPA fará entrega no teu centro escolar (Sara Soage / Alicia Alonso para o CEIP A Rúa)

🔵 Os luns toca recollida do mesmo xeito que se fixo a entrega.



Actividade levada a cabo dentro da axuda recibida para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres.

domingo, 22 de novembro de 2020

Proxecto "CAMBIEMOS A NARRATIVA"

Ningún comentario:

 PROXECTO “CAMBIEMOS A NARRATIVA”

 

Dentro das actividades incluídas no programa “Educando en Igualdade dende a afectividade” que dende a ANPA A Rúa presentamos á convocatoria de subvencións de actividades de promoción da igualdade da Xunta de Galicia, contamos durante varias semanas co traballo da Asociación AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social). AGARESO levou a cabo un traballo a través de medios telemáticos co alumando de 5º e 6º, así como a través dun obradoiro exclusivo para familias e profesorado “obradoiro de radio Onda Feminista”.

 

Como froito deste traballo durante estas semanas elaborouse unha Guía didáctica que poderemos utilizar a partir de agora tanto dende o cole como dende a ANPA e que recolle todo o traballo levado a cabo durante todas estas sesións. Esta guía didáctica dixital permitirá que o propio profesorado ou a ANPA poidamos poñer en práctica este tipo de actividades no futuro pola nosa conta.

 

Dentro desta guía atoparedes xoias, como estas dúas cuñas de radio que o propio alumnado de 5º e 6º de primaria do noso cole creou  para presentarlle ao resto da comunidade educativa o aprendido no proceso.

 

Cuña 5º de primaria

https://drive.google.com/file/d/1N69DmMkkQftZSCeRKzwjsRUNXbwSj_WS/view?usp=drivesdk

Cuña 6º de primaria

https://drive.google.com/file/d/1N9RNJqFepgf8XWYtHYNLPn6npetmx02N/view?usp=drivesdk

 

IMPORTANTE: estas dúas cuñas emitiranse na SER de Pontevedra a partir do luns 23 de novembro. Emitiranse todos os días ata o día 30 de novembro. Este lúns colgaremos no noso facebook a información dos horarios nos que se emitirán estas pezas radiofónicas.

 


Moitas grazas a AGARESO, ó alumnado, ó profesorado e ás nais e pais que participaron nestas actividades  e proxecto.