Amosando publicacións coa etiqueta Xornadas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xornadas. Amosar todas as publicacións

mércores, 7 de decembro de 2016

Xornadas de saúde

Ningún comentario:
Acompañase información sobre xornadas de saúde organizadas poloa Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Concello de Cangas






mércores, 1 de xuño de 2016

XII Xornadas Interculturais na Alameda Vella en Cangas (04/06/16)

Ningún comentario:
O Concello de Cangas volve poñer en marcha as Xornadas Interculturais, que cumpren o seu décimo segunda edición. As xornadas prolongaranse ata o 4 de xuño cando se celebra a gran festa intercultural, na Alameda Vella, con postos de ONG e actuacións musicais.


luns, 30 de maio de 2016

Recetas das charlas de ADICAM

Ningún comentario:
"Muy buenos días: Desde Adicam, os damos las gracias por vuestra colaboración durante estos meses, organizando y asistiendo a nuestras charlas. Esperamos que hayan sido de vuestro interés y agrado. Os adjunto todas las recetas, por si se me han quedado atrás en otras ocasiones:
Sin más nos despedimos y os enviamos un cordial saludo.

ASOCIACIÓN DE DIAGNOSTICAD@S DE CANCRO DE MAMA DE PONTEVEDRA (ADICAM)
CIF-36380301. Casa da Bola (Valentín Losada 1-1º). Cp.36940.
Cangas do Morrazo. PONTEVEDRA.
986 30 71 58
www.adicam.net
adicamadicam@gmail.com"...

xoves, 26 de maio de 2016

Xornadas "o acoso na red, as súas consecuencias así como na súa prevención ou intervención" (2/6/16)

Ningún comentario:
"Pola presente comprácenos invitalos a unhas xornadas de formación presencial que terán lugar o vindeiro 2 de xuño de 2016 en Santiago de Compostela, no contexto do proxecto, destinada a pais e nais de alumnos, profesorado, orientadores, co obxecto de dar a coñecer o proxecto e centrarase no acoso na rede, as súas consecuencias así como na súa prevención ou intervención. 

Os interesados poden inscribirse na seguinte ligazón: http://parentnets.com/seminario/, onde está incluído o programa das xornadas. O prazo de inscrición remata o luns 30 de maio de 2016

Pode obter máis información no enderezo electrónico: international@ribeira.org ou nos teléfonos 986 33 22 93 e 981 546545. 

Atentamente, 
Amador Ordóñez Puime Asesor Programas Europeos Dirección Xeral de Educación, FP e IE"

venres, 29 de abril de 2016

O Club Atletismo Vila de Cangas organiza a XXII Xornada de Atletismo Base-Trofeo Cangas Dental o venres 6 de maio de 2016 , ás 17:30 horas

Ningún comentario:
  • As probas celebraranse no estadio municipal de atletismo de Cangas de Morrazo.
  • Celebrarase unha competición na modalidade de probas combinadas. (Os rapaces teñen en participar nas tres/catro probas da súa categoría).
  • Os atletas virán acompañados dun responsable maior de idade (pai, nai, delegado …).
  • A inscrición farase a través do correo electrónico do Club: at.viladecangas@gmail.com, antes do mércores 4 de maio de 2016, facendo constar nome, apelidos, data de nacemento e colexio.
  • O horario das probas pode adiantarse dependendo da participación.
  • Categorías de ano de nacemento dos atletas:
a) MINIBENXAMÍN: 2009/2010/2011
b) BENXAMÍN: 2007/2008
c) ALEVÍN:2005/2006

Xornada informativa sobre a aplicación da LOMCE, Luns 2 de Maio ás 19:00 no Concello de Cangas

Ningún comentario:

martes, 5 de abril de 2016

I Xornada Formativa "Xestión de ANPAS" (16 de abril no Salón de Plenos do Concello de Cangas)

Ningún comentario:
Desde a Federación de ANPAS de Centros Públicos de Cangas "A Gameliña", poñémonos en contacto con vostedes para trasladarlles o programa da actividade I Xornada Formativa "Xestión de ANPAS" que imos a desenvolver o vindeiro sábado 16 de abril no Salón de Plenos do Concello de Cangas, e que terá como destinatarios/as ás nais e pais das ANPAS dos Centros de Ensino do Morrazo.
A participación na xornada e aberta e de balde, previa inscrición.
Por favor pregamos que lle deades a maior difusión posibel.

martes, 22 de marzo de 2016

II Xornadas de Igualdade e Educación organizado por FOANPAS (9/4/16)

Ningún comentario:
En Vigo no Museo do Mar. A recepción e entrega de materiais será ás 10:00. Aquí tedes o díptico cos destaques da xornada:


venres, 18 de marzo de 2016

XVII SALÓN DO LIBRO: "CANTA BICHERÍA!" 01 de abril - 23 de abril

Ningún comentario:
Os animais serán os protagonistas deste 17º Salón do Libro: domésticos, salvaxes, polares, nocturnos, acuáticos. Formigas, osos, cans e paxaros. De todas as partes do mundo, dos ecosistemas coñecidos e por coñecer. Reais, fantásticos!!

Todos eles teñen cabida no noso Salón, que terá lugar no Pazo da Cultura entre o 1 e o 23 de abril de 2016.

Descarga o programa completo aquí.

Aquí a WEB oficial.

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Charlas de nutrición saludables a impartir no noso cole pola asociación ADICAM

Ningún comentario:
..."Dende ADICAM (asociación de diagnosticadas de cancro de mama) ...decidimos poñer en marcha un proxecto chamado "DOCE PASOS HACIA A SAUDE", que vai dirixido a toda a población por medio de diferentes talleres, grupos de camiño e charlas durante todo o ano, encamiñado a mellorar a nosa saude física e psíquica"... 

As charlas terán este horario:
Primeira xornada (Luns 1 de febreiro 16:30)
  • Alimentación ideal
  • Composición dos alimentos.
  • Metodos de cociñado.
  • Taller sorpresa.
Segunda xornada (Luns 7 de marzo   16:30)
  • Lectura de etiquetas
  • Merendas saudables
  • Productos de recomendado consumo ocasional.
  • Taller sorpresa.
Terceira xornada (Luns 4 de  Abril    16:30)
  • O leite estudios e perspectivas.
  • Alimentación e cansancio
  • Alimentación e moco.
Cuarta xornada (Luns 2 de Mayo    16:30)
  • Menus saudables
  • Exercicio físico.
ASOCIACIÓN DE DIAGNOSTICAD@S DE CANCRO DE MAMA DE PONTEVEDRA (ADICAM). Casa da Bola (Valentín Losada 1-1º), Cangas do Morrazo. 986 30 71 58. www.adicam.net  adicamadicam@gmail.com 

venres, 22 de xaneiro de 2016

Relación de Actividades na "Semana da Educación 2016" en Santiago

Ningún comentario:
A USC, propón a programación das actividades da Semana da Educación 2016 co título ‘Respondendo a retos: educación para o cambio’. Todas as actividades son abertas e gratuitas aínda que por control de aforo (nalgunhas delas moi reducido) é imprescindible inscribirse.
Aquí tedes a ligazón para informaros/inscribiros...

martes, 17 de novembro de 2015

Baile galego d@s nos@s artistas!!!

Ningún comentario:
Aquí tedes un vídeo co baile que fixeron os alumnos do noso Cole na convivencia que tiveron co Colexio Santa Mariña de Magán (Toledo) e da Escola de Bordils (Xirona). Bo traballo!!! Grazas profes!!!!

xoves, 29 de outubro de 2015

Xornada informativa sobre a aplicación da LOMCE (6/11/15 ás 18:30 no concello de Cangas)

Ningún comentario:

Dende a Federación de ANPAS de Centros Públicos de Cangas, damos traslado desta invitación para asistir á xornada informativa sobre a aplicación da LOMCE que imos celebrar o venres día 6 de novembro ás 18:30h no Salón de Plenos do Concello de Cangas.

Pregámosvos ao mesmo tempo, que lle deades a este evento a maior difusión posíbel para que poda chegar ao maior número de persoas interesadas.
Con esta xornada queremos seguir contribuíndo a que entre todos e todas sigamos abrindo espazos de diálogo e intercambio de experiencias para facer a maior defensa posíbel do ensino público e de calidade.
Agardamos contar coa vosa presenza.

martes, 18 de agosto de 2015

Xornada de divertimento na Cidade da cultura en Santiago (22 de agosto de 11 da mañá a 21 horas)

Ningún comentario:
Cidade Imaxinaria á Cidade da Cultura en Santiago. Unha xornada para gozar en familia con viaxeiros equilibristas, bombeiros malabaristas, pallasos magos, principiantes de trapecistas e ata dj’s perruqueiros… 

O vindeiro 22 de agosto de 11 da mañá a 21 horas da tarde celébrase esta nova edición centrada na esencia do circo. Diferentes espectáculos combinados con divertidos xogos para todas as idades.

domingo, 14 de xuño de 2015

mércores, 20 de maio de 2015

"Buscando vida en el universo" actividade científica para nen@s en Cangas hoxe!!!

Ningún comentario:
Os experimentos están relacionados coa Astrobiología e coa metodoloxía utilizada para coñecer como é a vida e como xurdiu na Terra, co fin de poñer en contacto os asistentes con esta disciplina e coa ciencia en xeral. Ademais, como introdución aos talleres, se explica a actividade científica que se desenvolve nas instalacións do CAB ou nos variados escenarios aos que os investigadores acoden (Río Tinto, Antártida, Deserto de Atacama) para estudar sobre o terreo como evoluciona ou se adapta a vida e entender como se orixinou.

Nos experimentos pode participar o público asistente.

Pola mañá celébranse sesións para estudantes e pola tarde para público xeral. Realiza a reserva para ti mesmo ou para a túa clase no concello!


Lugar: Casa da Cultura
Dirección: Praza de San Xoan, s/n. Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Horario: de 09:00 a 14:30 e de 16:00 a 19:00