Amosando publicacións coa etiqueta Aula Matinal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aula Matinal. Amosar todas as publicacións

xoves, 1 de setembro de 2016

Actividades extraescolares propostas pola ANPA para este novo curso 2016/17

Ningún comentario:
Estimadas Familias,

Poñémonos en contacto con vos, para informarvos da oferta de actividades extraescolares organizadas pola ANPA, así como dos prazos e datas de inscrición.

Ábrese o prazo para as inscricións dende o 12 ata o Luns 26 de Setembro excepto para o Aula Matinal que o prazo comezará o 1 de setembro e continúa durante todo o curso (consultar condicións no documento ligado). Tódalas actividades teñen unha cota de alumn@s admitidos. O orden de prioridade para obter praza nas actividades será a seguinte:
  1. Alumn@s pertencentes á ANPA e que repitan actividade.
  2. Alumn@s con algún irmán na actividade.
  3. Orden de presentación de solicitudes.
A listaxe de admitidos e reservas publicarase no centro e na web o Mércores 28 de Setembro, así como as prazas vacantes de tódalas actividades se as houbese.

As actividades darán comezo no mes de Outubro e rematarán no mes de Maio (8 meses), excepto Aula Matinal, que comezará a funcionar o primeiro día de clase e rematará o último día lectivo. Para que as actividades se poidan levar a cabo, deberá haber un cota mínimo de nen@s en cada actividade.

Os grupos e horarios poderán ser modificados dependendo das necesidades organizativas das mesmas.

Se durante o curso se produce algunha baixa chamarase por rigoroso orde de lista de reserva. Se aínda así non se chegase o cota mínimo de alumn@s a actividade poderase suspender.

As actividades xeraran un compromiso por parte das familias de chegar tanto á entrada cómo á saída puntuais para non entorpecer o bo funcionamento das mesmas.

O pago das actividades será mensual, a través da domiciliación bancaria e o recibo cargarase en conta o día 10 de cada mes. As tarifas son por mes completo, se algún neno falta a algunha clase non se farán descontos. As BAIXAS deberán ser notificadas entre o 20 e o 25 do mes anterior á baixa, e no caso de DEVOLUCIÓN DE RECIBO, estes serán aboados, mediante unha nova remisión do cobro xunto cos gastos que orixine dita devolución. (A ANPA NON SE RESPONSABILIZA DA DEVOLUCIÓN DE RECIBOS SE NON SE NOTIFICA A BAIXA ANTES DO DÍA 25 DO MES ANTERIOR). Se alguén non desexa domiciliación bancaria, a forma de pago será por CURSO COMPLETO, un único pago do importe total na segunda quincena de Outubro, na conta:
  • ABANCA: Nº CONTA: 2080 5079 83 3040001135.
A participación nas actividades supón aceptación e o respecto das normas establecidas e para iso deberase cubrir e firmar correctamente a folla de inscrición adxunta.
  •  AULA MATINAL. Actividade que permite conciliar a vida familiar e laboral, ofrecendo un servizo de recollida dos nen@s dende as 08:00h, e ata o inicio das clases. Dende o primeiro día lectivo e ata o último.
  •  TALLER LÚDICO EN INGLÉS: Clases faladas coas que se pretende que @s nen@s aprendan o idioma naturalmente. Grupos de infantil e grupo de primaria.
  • CONTACONTOS E EXPRESIÓN CORPORAL: Esta actividade permítelle aos nen@s manifestar a súa capacidade creadora e imaxinativa, axudándolle a dominar a expresión corporal e oral,etc. Dirixida ó grupo de infantil ata 2º de primaria incluído.
  • TEATRO: Actividade dinamizativa q permite ampliar as súas capacidades de imaxinación e imitación, favorecendo a integración no grupo. A partir de 3º primaria
  • INTELIXENCIA EMOCIONAL. Habilidade das persoas para atender e percibir os sentimentos de forma axeitada e precisa, a capacidade para asimilalos e comprendelos e a destreza para regular o noso estado de ánimo e o dos demais.(Grupo PRIMARIA)
  • TALLER LÚDICO ALEMÁN. Xogos e cancións en lingua alemán, onde se iniciaran neste idioma dun xeito lúdico. A partir de 5 anos.
  • DIVERCIENCIA. Taller moi dinámico onde os nen@s se transformarán en científicos a través do xogo. Tódalas idades.
  • BAILES LATINOS. A cargo da escola Chachachá, imparten clases de bailes latinos a partir dos 5 anos.
  • Tamén se oferta CLASES PARA ADULTOS, (pais e nais dos alumnos do cole), cun desconto especial para os socios da Anpa (para máis información ESCOLA CHACHACHÁ)
  • ZUMBA ADULTOS. Actividade deportiva con moito ritmo a través do baile e música.
  • INFORMÁTICA. A academia LOGOS, oferta clases que abarcan dende mecanografía, paquete office, paint, navegador...etc, dispoñendo de un pc por nen@ Inscricións e horarios na academia. Tarifas:  2h/semana/mes = 18 €/alumn@  ADULTOS: 2h/semana/mes = 25 €
Tede presente que estamos agardando a oferta deportiva a enviar pola "Deputación de Pontevedra" e pola "Fundación Cangas Deporte".

xoves, 12 de maio de 2016

Enquisa de satisfacción para as Catividades organizadas pola nosa ANPA

Ningún comentario:
O ANPA do CEIP A Rúa co obxectivo de mellorar a oferta e xestión das actividades extraescolares do noso centro solicita a colaboración de tódalas familias que forman parte da escola para recoller información relativa ás actividades deste curso e novas actividades a través dunha enquisa totalmente anónima.

É moi importante para poder mellorar o funcionamento das actividades saber tódolos aspectos negativos ou mellorables que consideredes que nos poden ser de utilidade, por iso agradecemos que se cubra una enquisa por cada alumn@ e se deposite no buzón que o ANPA ten na entrada do colexio antes do 24 de maio.

xoves, 24 de setembro de 2015

Aviso: remata o prazo de inscrición nas actividades do ANPA

Ningún comentario:
Esta entrada é só para avisar que o día luns 28 ás 14:00, remata o prazo de inscrición ás actividades ofertadas polo ANPA. Animádevos, que hai algúns grupos aos que lles falta moi pouco para completar a cota mínima necesaria...

martes, 15 de setembro de 2015

Calendario aproximado das actividades ofertadas (2015-16)

Ningún comentario:
Por favor, tede en conta que estes horarios son orientativos, poderá haber algunha modificación en función do número de nen@s anotados ou necesidades organizativas da ANPA.


Actividades extraescolares 2015/16 calendario e propostas...

Ningún comentario:
Aquí tedes nosa proposta de Actividades Extraescolares para este curso (2015-16) que completan as xa publicadas pola Fundación Cangas Deporte. Como veredes, tamén ofertamos algunhas pensando nos país e nais... animádevos!!!!:
  • AULA MATINAL. Actividade que permite conciliar a vida familiar e laboral, ofrecendo un servizo de recollida dos nen@s dende as 08:00h, e ata o inicio das clases.
  • TALLER LÚDICO EN INGLÉS: Clases faladas coas que se pretende que @s nen@s aprendan o idioma naturalmente. Haberá dous grupos no mesmo horario, un para infantil e outro para primaria.
  • TEATRO E EXPRESIÓN CORPORAL: Esta actividade permítelle aos nen@s manifestar a súa capacidade creadora e imaxinativa, axudándolle a dominar a expresión corporal e oral, a linguaxe en público, etc.
  •  LINGUAXE DE SIGNOS: Taller moi dinámico onde a través da interpretación e xogos fan un recorrido por todas as letras neste linguaxe.
  • OBRADOIRO MUSICAL (Pandereta/Gaita). A cargo de Tromentelo,
  • OBRADOIRO DE ESCRITURA. Iniciación á escritura centrada no desenvolvemento da creatividade, experimentación literaria e o pracer de escribir.
  • TALLER LÚDICO ALEMÁN. Xogos e cancións en lingua alemán, onde se iniciaran neste idioma dun xeito lúdico.
  • DIVERCIENCIA. Taller moi dinámico onde os nen@s se transformarán en científicos a través do xogo.
  • BAILES LATINOS. A cargo da escola Chachachá. Tamén se oferta CLASES PARA ADULTOS, (pais e nais dos alumnos do cole), cun desconto especial para os socios da Anpa (para máis información ESCOLA CHACHACHÁ)
  • BALONMÁN: De 6 a 12 anos. GRATUITA. Actividade deportiva Subvencionada pola Deputación de Pontevedra.
  • ZUMBA ADULTOS. Actividade deportiva con moito ritmo a través do baile e música.

luns, 7 de setembro de 2015

Aula Matinal traballando dende o día 10

Ningún comentario:
Informámosvos, que o vindeiro xoves día 10, dará comezo o servizo de Aula Matinal, de luns a venres e de 08.00 a 09.30. Adxuntamos novamente a circular coa información. As familias interesadas neste servizo, por favor que se poñan en contacto con nós para poder informar dos nenos e nenas usuari@s.
Contactanos: 666428157 //657082962

martes, 16 de xuño de 2015

Aula matinal para o curso 2015-2016. Pre-inscrición.

Ningún comentario:
Adxuntamos notificación da actividade extraescolar AULA MATINAL, para o vindeiro curso 2015/2016. Esta actividade dará comezo O PRIMEIRO DÍA DE CLASE e rematará o ÚLTIMO DÍA DE CLASE, favorecendo así a conciliación da vida familiar e laboral.

O PREZO é estimado, xa que poderá variar en función do número de nen@s anotados. As cotas serán mensuais e por meses completos, xa que xa están incluídos os descontos dos meses con menos días.

O resto da oferta de actividades extraescolares enviarase en Setembro, xunto con todas as normas.

@s interesad@s tedes a ligazón coa folla para facer a pre-inscrición, e devolver cuberta no buzón da ANPA, por Tokapp ou por Email (anpa.arua@gmail.com), antes do 19 de xuño.

Un saúdo,

A Xunta Directiva.

venres, 3 de outubro de 2014

Actividades extra escolares ofertadas pola anpa. Horarios definitivos (2014-15)

Ningún comentario:
Finalmente, as actividades extra escolares ofertadas pola anpa, darán comezo a semana que ven, e desenrolaranse da seguinte maneira:

*Danza moderna, grupo de 3 a 7 anos, os luns de 16:30 a 17:30
*Taller lúdico en inglés, grupo de infantil, os martes de 16:30 a 17:30
*Balonmán, primaria, os mércores de 16:30 a 17:30

Ademais, e tamén a partir da semana que entra, empeza a funcionar a aula matinal de 08:15 a 09:30, tódolos luns e martes. Coa posibilidade de ampliarse a mais dias sempre dependendo do nº de nenos ou nenas usuarios. Se necesitas este servizo, non dubides en poñerte en contacto con nós

A Xunta Directiva

sábado, 13 de setembro de 2014

Reunión extraordinaria (martes 16 de setembro 2014)

Ningún comentario:
Estimad@s nais e pais,
Co inicio de curso, convocámosvos a unha reunión o vindeiro martes 16 de setembro, ás 18:45h en primeira convocatoria (ás 19h en segunda convocatoria), para explicarvos varios asuntos nos que necesitaremos da vosa axuda para que se poidan levar a cabo:
  1. Aula matinal
  2. Reforma do patio exterior
Aquelas familias que desexen usar a aula matinal e non poidan asistir á reunión, podedes comunicar o voso interese á ANPA deixando unha nota no buzón ou á dirección do centro.


A Xunta Directiva.