Amosando publicacións coa etiqueta participa b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta participa b>. Amosar todas as publicacións
luns, 16 de novembro de 2020
xoves, 8 de marzo de 2018
Certame "deseña Unha Xoia"
Etiquetas:
2017,
Anpa A Rua,
CEIP a Rua,
participa
Ningún comentario:
Convocado o IX Certame de Deseño Escolar “Deseña unha Xoia para a túa Nai”, dirixido a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e 12 anos (inclusive).
Divertido proceso de creación que culmina coa execución dos deseños gañadores por profesionais do sector.
Divertido proceso de creación que culmina coa execución dos deseños gañadores por profesionais do sector.
Bases completas, premer aquí (ou ver documento adxunto)
Deseños finalistas da edición pasada, premer aquí.
Deseños gañadores da edición pasada, premer aquí.
Álbum do acto de entrega de premios 2017, premer aquí.
Vídeo de todo o proceso do concurso (convocatoria, reunión xurado, fabricación xoias e acto de entrega de premios), premer aquí.
Os dípticos de participación pódense:
- descargar das páxinas web www.coxga.es e www.fgxoieiros.es ou premendo aquí (ou descargar documento adxunto)
- recoller en calquera dos establecementos colaboradores (premer aquí para ver o listado completo, que tamén se pode consultar nas nosas páxinas web www.coxga.es ou www.fgxoieiros.es)
- solicitar á oficina do COXGA (teléfono 981 598 858 ou correo-e info@coxga.es)
O prazo de presentación dos deseños remata o mércores 28 de marzo e pódense entregar en:
- calquera dos establecementos colaboradores. Consultar listado aquí.
- oficina do Colexio, persoalmente, por correo postal ou mensaxería:
COXGA (Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia)
rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B
15701 Santiago de Compostela
--
Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia
rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B
15701 Santiago de Compostela (A Coruña)
www.coxga.es
981 598 858 - de luns a venres, 9h-14h e 16h30-19h30
rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B
15701 Santiago de Compostela (A Coruña)
www.coxga.es
981 598 858 - de luns a venres, 9h-14h e 16h30-19h30
mércores, 24 de xaneiro de 2018
Comunicado de presentación do novo equipo directivo da nosa ANPA 2017/2018
Etiquetas:
Anpa A Rua,
cambio,
curso 2017/2018,
participa,
presentacion,
renovacion,
xunta directiva
Ningún comentario:
Como todos sabedes, o día 14/1/17 renovouse a Xunta Directiva da Anpa A Rúa, e a modo de presentación, invitámosvos a participar nas actividades e proxectos que se van a levar a cabo.
Somos un grupo de nais e pais comprometidos coa educación dos nosos fillos e coa mellora da comunidade educativa en xeral. O actual Equipo Directivo, está formado por 16 membros, e comezamos esta nova etapa con moito ánimo e ilusión.
Dicir que sen a colaboración dos socios os nosos proxectos carecerían de sentido, xa que as apartacións de todos os socios, tanto en axuda humana como económica (15 €/ anuais/familia), fan que todo isto sexa posible.
Como mostra, indicar que a Festa de Fin de Curso e o Cross Escolar supoñen un grande esforzo humano e económico, do cal se benefician todas as familias do cole (tanto socios coma non socios).
Aproveitamos a ocasión, para agradecer:
- A dirección do centro e o profesorado, así coma a todo o persoal non docente, pola súa colaboración.
- A Xunta Directiva cesante, que facilita a transición e nos aporta a súa experiencia.
- A todas as familias que forman parte da Anpa, e a todas as persoas que colaborar cando se solicita a súa axuda.
Como conclusión, queremos animar a todas as familias do cole, a PARTICIPAR DESTA ASOCIACIÓN, xa que así todos poderemos beneficiarnos da súa actividade, sendo máis xusto para todas as familias.
Un saúdo ,
A Xunta Directiva, Anpa a Rúa
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)