Amosando publicacións coa etiqueta Asamblea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asamblea. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de novembro de 2024

Asamblea Xeral Ordinaria da nosa ANPA xoves 21 de Novembro as 17:00 horas

Ningún comentario:

Ola familias

 Partillamos convocatoria e orde do día da Asamblea Xeral Ordinaria da nosa ANPA 

 

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
Día: Xoves 21 de Novembro.
Hora: 17:00 horas en 1ª convocatoria e e 17:30 en 2ª convocatoria.
Lugar: Biblioteca do CEIP A RÚA.

 

ORDE DO DÍA:
1. Lectura e aprobación da acta anterior.
2. Exposición e aprobación do estado de contas.
3. Resumo de actividades da ANPA.
4. Subvención de Igualdade.
5. Comedor.
6. Extraescolares.
7. Desfile de Nadal.
8. Novos colaboradores ANPA.
9. Rogos e preguntas.

 

Contamos coa vosa participación!

Agardámosvos
ANPA A RÚA

 

 



luns, 1 de febreiro de 2021

ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA ANPA: LISTADO PROVISIONAL DE CANDIDATURAS

Ningún comentario:

 Listado provisional das candidaturas presentadas para a renovación da Xunta Directiva da ANPA:


Presidenta:

    Iria Grandal García

Vicepresidente:

    Julio Barreiro González

Tesoureira:

    Sara Soage Carballo

Secretaria:

    Sonsoles Piñeiro Malvido

Vogales:

  1. José Manuel Soage Miranda
  2. Paula Fajardo Bernárdez
  3. Tania Soliño Caamaño 
  4. Estefanía González Iglesias
  5. María Rial Miranda
  6. Lucas Carracelas Fernández
  7. Alicia Alonso Iglesias
  8. Alberto Torres Portomeñe
  9. Sandra López Fraga
  10. David Santiago Díaz

En Cangas, a 01 de febreiro de 2021.

O prazo para presentar enmendas a este listado estará aberto até as 23:59 do martes 02 de febreiro de 2021.


Asamblea Xeral Extraordinaria (telemática):


luns, 25 de xaneiro de 2021

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA ANPA A RÚA 2021/2022

Ningún comentario:

1. O prazo para presentar candidaturas estará aberto dende o luns 25/01/2021  até as 23:59 horas do 31/01/2021.

Todas as persoas que queiran formar parte da Xunta Directiva deberán enviar un e-mail á  dirección anpaarua@gmail.com no que se inclúa: 

- Nome completo

- Teléfono de contacto

- Posto para o que presenta a candidatura: presidente/a, vicepresitente/a, secretario/a, tesoureiro/a ou vogal


2. As listas provisionais das candidaturas faranse públicas o luns 01/02/2021 polos seguintes medios: TokApp, no blog www.anpaarua.com e a través da conta de Facebook Anpa A Rúa.

As listas definitivas publicaranse o 03/02/2021 polas mesmas canles.


3. A Asamblea Xeral Extraordinaria para a realización das votacións celebrarase de xeito telemático a través da plataforma ZOOM.US (www.zoom.us) o martes 09/02/2021 ás 17:30 en 1ª convocatoria e 18:00 en segunda convocatoria.

O día 01 de febreiro publicarase a ligazón para a videoconferencia e datos de acceso xunto cos listados provisionais polas canles mencionadas.



Gustaríanos precisar que esta xunta directiva preferiría unha asamblea xeral presencial pero lamentablemente a actual situación da pandemia do COVID 19 non o fai aconsellable.

luns, 31 de agosto de 2020

Convocatoria asamblea Extraordinaria o 2 de Setembro

Ningún comentario:

 Ola familias:

 O vindeiro Mércores 2 de setembro celebrarase unha Asamblea xeral Extraordinaria ás 19:00H en primeira convocatoria e ás 19:30H en segunda convocatoria.

A orde día será o seguinte: 

1- Explicación da situación actual: Protocolo da Consellería de Educación, e a imposibilidade de levar a cabo as extraescolares e a aula matinal. Asistirá á asamblea o equipo directivo  do CEIP a rúa para contarnos un pouco máis da implantación do protocolo do noso cole.

2- Petición para saber se as familias secundarían unha folga, non enviando ás crianzasá clase mentras non se cumplan uns mínimos sanitarios, para que así poidamos evitar ó máximo posible futuros contaxios.

3- Rogos e preguntas.

Debido á pandemia actual do COVID-19 nos reuniremos no campo de fútbol do colexio. 

Porfavor, acudide tod@s con máscara e mantendo sempre as distancias de seguridade.


Agardámosvos a tod@s!!


ANPA A RÚA

xoves, 4 de outubro de 2018

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA

Ningún comentario:

MERCORES 17 de OUTUBRO, ASAMBLEA ORDINARIA:

Esperamosvos a todos