Amosando publicacións coa etiqueta Escolas Infantís. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escolas Infantís. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de abril de 2016

O Club Atletismo Vila de Cangas organiza a XXII Xornada de Atletismo Base-Trofeo Cangas Dental o venres 6 de maio de 2016 , ás 17:30 horas

Ningún comentario:
  • As probas celebraranse no estadio municipal de atletismo de Cangas de Morrazo.
  • Celebrarase unha competición na modalidade de probas combinadas. (Os rapaces teñen en participar nas tres/catro probas da súa categoría).
  • Os atletas virán acompañados dun responsable maior de idade (pai, nai, delegado …).
  • A inscrición farase a través do correo electrónico do Club: at.viladecangas@gmail.com, antes do mércores 4 de maio de 2016, facendo constar nome, apelidos, data de nacemento e colexio.
  • O horario das probas pode adiantarse dependendo da participación.
  • Categorías de ano de nacemento dos atletas:
a) MINIBENXAMÍN: 2009/2010/2011
b) BENXAMÍN: 2007/2008
c) ALEVÍN:2005/2006

luns, 29 de febreiro de 2016

DOG da adxudicación de prazas nas escolas infantís privadas ou concertadas...

Ningún comentario:

...a Consellería conta co programa do Bono concilia, consistente nunha axuda económica directa ás familias para o pagamento total ou parcial dunha escola infantil privada da súa elección. Esta axuda está destinada a aquelas familias que non obtivesen praza nunha escola pública ou financiada con fondos públicos e marcasen a opción do bono concilia na súa solicitude, e a aquelas outras que residan en localidades que carezan de prazas públicas....

...O prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia"...