martes, 14 de xullo de 2009

XUNTOS POLOS DEREITOS XA ADQUIRIDOS... (REUNIÓN DAS ANPAS DO MORRAZO EN CANGAS)

REUNIÓN DAS ANPAS DO MORRAZO EN CANGAS

Onte, luns 13 de xullo, reunímonos as anpas de tódolos centros públicos do Morrazo no salón de plenos do concello de Cangas, para falar das medidas que iamos tomar en canto o tema da gratuidade dos libros de texto.

Comentouse tamén a noticia que viña onte no Faro de Vigo, coa que tod@s nos quedamos abraiad@s, sobre todo a representación da Anpa do cole da Guía en Meira, que non sabían nada do tema, tendo en conta ademais que ata fai poucos días non se coñecía o nome do xefe do departamento en cuestión, e hai xente que está esperando por unha reunión con él dende antes de que rematase o curso escolar, cando ainda non se sabía nada seguro do tema.

Pois ben, o final, quedamos en que en Bueu e en Moaña, vanse reunir e probablemente empezaranse a mobilizar entre finais desta semán e principios da que ven.

En Cangas, empezarémolas mobilizacións xa, hoxe mesmo mandamos unha nota de prensa os diferentes diarios, para ser publicada o vindeiro mércores, aquí tedes un adianto:


NOTA DE PRENSA

A maioría das A.N.P.A.S do Morrazo (Bueu, Cangas e Moaña), convocadas polas súas Federacións, reuníronse este luns 13 de xullo para trata-lo tema da gratuidade dos libros de texto, decidindo por unanimidade dos presentes tomar medidas en contra da “non gratuidade dos mesmos” aprobada pola xunta. Apoiando así, as estratexias doutras federacións da comunidade galega a favor da gratuidade e recomendando ás familias que non reserven nin merquen os libros.
----------------------------------------------------
O vindeiro venres día 17, estaremos no mercadillo de Cangas, recollendo firmas pola zona da parafarmacia, milenio... e ó serán nas praias...
Haberá tamén papeis para a recollida de sinaturas polos diferentes establecimentos das vilas.
Necesitamos toda a axuda posible, podedes colaborar de calquera das diferentes formas, asinando, levando unha folla de sinaturas para o teu comercio, no bolso ou no bolsillo, pode asinar quen queira, pais, nais, avós, avoas... dende o mais grande ata o mais pequeno, sempre que teña DNI.., e, moi importante, só se pode asinar unha vez!!
Tede-lo documento para imprimir xusto debaixo:


Lembrade que somos un colectivo moi amplo e xuntos podemos facer moito!!!!

3 comentarios:

eva rivero dixo...

Bienvenidos desde el Barbanza, y más concretamente desde Boiro, a esta lucha por ... Derecho.
Estais agregados en el blog de la plataforma y admás en el mío propio.
Que sepan que somos muchos y que juntos podemos!!!!

Anónimo dixo...

sois geniales,gracias por uniros a la causa y poder reunir tantas firmas.Todos juntos venceremos!!!

Unknown dixo...

O goberno da xunta esta a gastar un monton de fondos nuha campaña institucional para convencernos de que o novo sistema beneficia as rentas mais baixas. Pero que se creen unha cousa e ser pobres, e outra e ser parbos. Si antes tiñamos os libros gratis e agora no mellor dos casos queren darnos unha esmola que pode cubrir mais ou menos a metade do coste,!onde esta o beneficio!