domingo, 21 de decembro de 2014

venres, 19 de decembro de 2014

"Biblioteca non apta para maiores" artigo de lecturas recomendadas (El País 13/12/14)

Ningún comentario:
..."Ler é fundamentalmente un síntoma. Dunha imaxinación saudable, do noso interese neste e outros mundos, da nosa capacidade para estar calado e inmóbiles, tamén para soñar espertos" (cita de Mark Haddon sacada do artigo en cuestión)...

Aquí está a ligazón do artigo recomendado...

mércores, 17 de decembro de 2014

Concerto de nadal do conservatorio e escola municipal de música de cangas (19/12/14)

Ningún comentario:
Concerto de nadal do conservatorio e escola municipal de música de cangas (o venres, 19 de decembro   ás 20:00 horas)... 
...algún/ha fill@ que outr@ está por ahí metid@...

luns, 15 de decembro de 2014

Nadal na Rúa 2014

Ningún comentario:
Achégase nota informativa da festa de Nadal que organiza a ANPA o vindeiro dia 19: Comezaremos ás 17:00 coa proxección da película “Las Aventuras de Peabody y Sherman” (entrada libre) e despois faremos unha chocolatada. Necesitase colaboración na organización. Os que queirades poñédevos en contacto con Sandra a nai de Aitana de 5 anos ou enviarnos unha mensaxe por Email. 

Aproveito para dicir que está confirmado que as Súas Maxestades de Oriente visiten aos nenos pola mañá!!. 

Grazas pola vosa colaboración!!

https://drive.google.com/file/d/0BxfmEnM1PCbhN0xjaW5vV0RWT2M/view?usp=sharing

venres, 12 de decembro de 2014

Casting infantil para co-presentar a gala do deporte (20/12/14)

Ningún comentario:
Os responsables da fundación Cangas-Deporte buscan un/unha nen@ de entre 8 a 12 anos para que co-presente a "Gala do Deporte Cangas 2014" que terá lugar o día 9/1/15. O casting terá lugar no Auditorio de Cangas o día 20 de decembro en horario de 10h a 13h...

mércores, 10 de decembro de 2014

Outra recomendación para este domingo (14/12/14)

Ningún comentario:
“Gülliver en el país de Liliput” - centre de títeres de Lleida  (auditorio municipal do concello de Vigo)
Gülliver, soña sempre en facerse ao mar e converterse en capitán de goleta. Ao crecer, poderá vivir a súa primeira aventura que o levará a naufragar e caer prisioneiro dos habitantes de Liliput. Naquel mundo, Gülliver é un xigante e os liliputianos están moi asustados...

http://www.vigocultura.org/es/content/%E2%80%9Cg%C3%BAlliver-en-el-pa%C3%ADs-de-liliput%E2%80%9D-centre-de-t%C3%ADtelles-de-lleida-%E2%80%93-auditorio-municipal-do

Nova recomendación (para o 14/12/14 domingo)

Ningún comentario:
Recomendado a partir de 3 anos. Baseado no conto "As Aventuras de Pinocho" de Carlo Collodi.

Acróbatas, bailarins, actores e cantantes acompáñannos nesta espectacular montaxe. Baseado no popular conto de Pinocho, no que se conxuga a maxia do circo, unha posta en escena sorprendente e a diversión do musical.

http://www.pontevedra.eu/cultura4/pinocho-o-musical

actividade para o Nadal 2014/15

Ningún comentario:
Achégase información de actividade para o Nadal. Impartirase nos coles de San Roque, Castrillón e Hío pola empresa "Arela tempo de Lecer".

venres, 5 de decembro de 2014

Cousas que facer c@s nen@s en Pontevedra esta fin de semana...

Ningún comentario:
Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, é a gran casa da cultura galega. Moitas cousas que ver e tocar no "Espazo Infantil" (5, 6 e 7 de decembro)...
Musical “La Varita Mágica”, según eles,  o público infantil asiste a unha trepidante historia, onde as personaxes crecen a través dunha morea de aventuras (o 6/12 ás 18:00)...

Comisións Abanca

Ningún comentario:
Despois da reunión do martes, fomos a sucursal de Abanca, para solicitar a devolución das comisións cobradas, e quedaron de dicirnos algo sobre o tema. Ademais preguntamos polos 3€ que cobran de comisión a xente que non ten conta en Abanca. Explicáronnos que o fan para evitar colas nas súas oficinas de xente que non ten conta de Abanca e así saturalas, xa que entenden que facendo unha transferencia dende os seus propios bancos poden cobrarlles as mesmas comisións ou incluso menos. Unicamente non cobran comisións se non poñen o nome no ingreso, o cal para nos non e viable. necesitamos que poñades sempre o nome do alumno e actividade, pois se non seria de tolos adiviñar de quen e cada ingreso.
A Xunta directiva.

mércores, 3 de decembro de 2014

Nace ‘RockArtRoll’ para descobrir a arte rupestre: actividade recomendada

Ningún comentario:
...Hai 4.000 anos, os nosos antergos non gravaban discos: gravaban pedras. Así que o proxecto RockArtRoll, aínda que soe a música, vai de arte do Paleolítico. E quere achegar ao gran público aquelas escenas da caza do cervo, mapas do mundo e labirintos máxicos talladas nas rochas do país.

Promovido en colaboración coa mancomunidade "Terras de Pontevedra", Rockartroll quere solucionar un problema: os xacementos puxéronse en valor, pero moi pouca xente vai velos. Así que a iniciativa ven de nacer con rutas en autobús e de sendeirismo, charlas didácticas e ata obradoiros para fabricar as ferramentas ou as armas dos galegos da Idade de Pedra.

luns, 1 de decembro de 2014

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria para o martes 02/12/14

Ningún comentario:
Convócase Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación a celebrar o vindeiro martes dia 02 de decembro do 2014 na biblioteca do centro ás 18:45 horas, e en segunda convocatoria ás 19:00 horas. 

ORDE DO DIA:
  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
  • Lectura e aprobación de contas
  • Actividades Extraescolares
  • Comedor Escolar
  • Festa de Nadal
  • Problemática cos horarios do autobús
  • Reunión mantida co alcalde no colexio
  • Suxesestións

A Presidenta.