venres, 16 de xullo de 2010

LISTADO LIBROS DE TEXTO 2010/2011

Ningún comentario:
Deixovos un enlace coa publicación do listado dos libros de texto e outros materiais curriculares para o curso 2010/2011, que fixo Ana no blog do cole


Lembrade, que ademais temos algúns libros doados polos pais/nais e alumnos dos cursos de 5º e 6º, que se alguen quere, pode reutilizalos como préstamo.

Informádevos no cole o comenzo do mes de setembro, ou no noso correo electrónico anpa.arua@gmail.com

Dende aqui queremos agradecer a tod@s os que participaron con estas doazóns, moitas grazas!!

xoves, 15 de xullo de 2010

FUTBOL SALA E XADREZ (fotos)

Ningún comentario:
Aquí vos deixo esta entrada, que nos enviou unha nai das nosas futuras promesas no mundo do futbol, quen sabe ó mellor algún deles podería chegar a ser campeón do mundo....




domingo, 4 de xullo de 2010

CALENDARIO ESCOLAR 2010/2011

Ningún comentario:
Orde do 3 de xuño de 2010 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2010-2011, nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

En Educación Infantil e Primaria o curso comprenderá dende 10 de setembro de 2010 ao 22 de xuño de 2011, ambos os dous inclusive.

Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato,en formación profesional e ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os
días 17 de setembro de 2010 e o 23 de xuño de 2011, ambos os dous inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato as actividades lectivas ordinarias rematarán de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade.

Períodos de vacacións.
1. Nadal: desde o día 23 de decembro de 2010 ata
o día 7 de xaneiro de 2011, ambos os dous inclusive.
2. Semana Santa: desde o día 18 de abril ata o 25
de abril de 2011, ambos os dous inclusive.
3. Entroido: días 7, 8 e 9 de marzo de 2011.

Máis información no dog 15/06/2010