xoves, 26 de marzo de 2015

Menús do mes de abril

Ningún comentario:
Menús do mes de abril: o "normal" e o de "alérxicos"...

mércores, 18 de marzo de 2015

"Eclipse Solar" o 20 de marzo en Galicia...

Ningún comentario:
Dado que a eclipse se inicia no Atlántico e pasa entre Islandia e as Illas Británicas para rematar no Polo Norte, será a galega a comunidade onde a Lúa oculte máis o Sol; concretamente na costa noroeste chegará a ocultarse máis dun 75% da superficie solar.  A eclipse comezará en Galicia ás 9:05 horas, chegará ao seu máximo ás 10:09 e rematará ás 11:18.

O procedemento máis seguro para observala é proxectar sobre unha superficie a imaxe producida por un pequeno telescopio, pero nunca mirar directamente o Sol e menos aínda observalo con prismáticos ou telescopios. Unha alternativa, se non se dispón das gafas especiais ao efecto, pode ser usar os cristais que se adoitan utilizar en soldadura “pero neste caso débense manexar con máximo factor de protección e non mirar de xeito continuado”, advirten os científicos, que subraian “en todo caso, os máis cativos deben de estar sempre tutelados”.

luns, 16 de marzo de 2015

venres, 13 de marzo de 2015

Comic descargable do "Ano Internacional do Chan"

Ningún comentario:
...un cómic producido no marco do "Ano Internacional dos Chans" que pretende concienciar acerca da problemática ambiental do chan e a necesidade da súa protección.
...O cómic, producido no marco de "Ciudad Ciencia" coa participación da Sociedade Española da Ciencia do Chan e o Conselo dá Cultura Galega, súmase aos recursos didácticos do proxecto coa intención de divulgar entre os máis novos a importancia deste recurso non renovable. 'Vivir no chan' distribuirase proximamente entre as localidades pertencentes a "Ciudad Ciencia", entre as que está Cangas. Tamén está dispoñible para a súa descarga dende esta web...

venres, 6 de marzo de 2015

I XORNADAS DE IGUALDADE E EDUCACIÓN (7/3/15)

Ningún comentario:
FOANPAS organiza o 7 de Marzo do 2015 no "Verbum Casa das Palabras" (Avenida de Samil, 17 - Vigo) as "I Xornadas de Igualdade e Educación", que vai destinada a ANPAS, pais/nais, mestres/as, educadires/as, profesores/as... ou todas as persoas vencelladas ao eido da educación en igualdade. 

É unha actividade presencial de 150 prazas. 

A inscrición e información a atoparedes chamando ao número 986298812 ou no E-mail: foanpas@foanpas.com

xoves, 5 de marzo de 2015

Celebración do I Aniversario do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (8/3/15)

Ningún comentario:
.."Para celebrar o I Aniversario do Parquelo celébrasen un conxunto de actividades para todos os públicos que, ao igual que a entrada ao Parque, serán completamente gratuítas...
...a cargo do especialista en arqueoloxía experimental e responsable de actividades das Covas Prehistóricas de Cantabria, José Aurelio García Munúa. O percorrido pola Prehistoria da man de Munúa comeza coas exhibicións de lume (11:00 h) e caza (12:00 h) e continúa coa exhibición centrada na pel (16:00 h) e o obradoiro familiar “O comezo da nosa historia” (16:30 h), no que grandes e pequenos experimentan distintas técnicas prehistóricas"...

Aquí a ligazón...

Taller de fotografía para nen@s en Pontevedra (o 6/3 e o 13/3)

Ningún comentario:
Eles din: ..."Gústache a nosa fórmula para levar a cabo o Taller de Fotografía para Nenos en Pontevedra? Pregúntalle ao teu/tua fill@ se quere vir a coñecernos e a fotografar durante dúas tardes de venres no Casino Mercantil de Pontevedra e achégate a coñecernos o primeiro día e quédate con eles á clase se queres, mentres aprenden algo que lles vai encantar..."

martes, 3 de marzo de 2015

Matrícula para o curso 2015-2016...

Ningún comentario:
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016... 

Menú do comedor de Marzo 2015

Ningún comentario:

Campamentos organizados pola deputación de Pontevedra na Lanzada 2015

Ningún comentario:
A Concellería de xuventude de Cangas comeza un ano máis coa tramitación das solicitudes dos campamentos organizados pola deputación de Pontevedra na Lanzada.

65 prazas son as que corresponden ao concello de Cangas. Poderán participar rapaces que teñan o seu domicilio habitual no concello no que solicitan a praza (certificado ou volante de empadroamento), nacidos entre os anos 2002 e 2007, ambos os dous incluídos...