mércores, 27 de xullo de 2016

Aviso do prazo para solicitar axudas de comedores

Ningún comentario:
Dende "Benestar Social Cangas" pedíronnos que vos transmitamos isto:
"Bo día:
Coma queira que o vindeiro 31 de xullo remata o prazo para solicitar as axudas dos comedores escolares dos ceips de A Rúa, Nazaret, Hio e Aldán, xestionados polo Concello de Cangas, solicitamovos que fagades un esforzo por facerlle chegar esta información o maior número de familias posible."
saúdos,

luns, 18 de xullo de 2016

Banco de libros deste próximo curso 2016-17

Ningún comentario:
...O calendario prevista para implantación do BANCO DE LIBROS DE TEXTO MUNICIPAL é o seguinte:

  • Recollida de libros e presentación de solicitudes : realizarase  do 15  ó 31 de xullo. Aqueles alumnos/as que queiran entregar ou solicitar  libros deberán dirixirse ao Centro Municipal de Benestar Social.
  • Revisión do material e estudio das solicitudes: do 1 ó 15 de agosto.
  • Publicación listado de solicitudes aceptadas : A partires do 17 de agosto..."
aquí máis información

17 Salón do Cómic e Ilustración de Cangas (do 18 ata o 24 do 07)

Ningún comentario:
"Por fin chegou unha das datas máis esperadas, o inicio do 17 Salón do Cómic e  Ilustración de Cangas, que terá lugar do luns 18 de xullo ao domingo 24 de xullo.

Mercedes Lorenzo, a Técnico de Xuventude do Concello, presenta un programa envexable que, nesta edición, se levará a cabo en espazos distintos: a Capela do Hospital e as distintas plantas do Auditorio Municipal.  Trala inauguración o luns 18 de xullo ás 19:30 horas, darase paso a unha semana na que o cómic e a ilustración serán os protagonistas. 

Contaremos con obradoiros de Cómico co debuxante José A. Calvo (de martes a venres ás 12 horas), cine (Deadpool, Los Vengadores: La era de Ultrón, Carlitos y Snoopy e Big Hero 6), a entrega de premios do 14º Certame de Cómic, a presentación do Proxecto do Colectivo Mithoshiwa (deseño de personaxes de animación), charlas coloquio cos creadores da revista dixital Orgullo y Satisfacción (con Guillermo e Bernardo Vergara, antigos integrantes de El Jueves) e con Fernando Blanco e Victor Rivas e sinaturas cos debuxantes. Na Capela do Hospital teremos a exposición de Victor Rivas "Escarlatina, Esmeraldina", cedida polo Pazo da Cultura de Pontevedra e realizada para o XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Pola súa parte, na primeira planta do Auditorio atoparemos a exposición "De Castelao ao mañá: unha ollada ao cómic galego", cedida pola Deputación de Pontevedra. Por último, o sábado día 23 de xullo, Xulia Vicente presentará "Ari, cazador de dragones" na libraría Wells Libros. 

xoves, 14 de xullo de 2016

Lembranza para o escritor galego, Agustín Fernández Paz, gañador do "Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil"

Ningún comentario:
Baste esta referencia saída no periódico Público:

..."Fernández Paz lo que hacía no eran relatos o novelas para público infantil o juvenil, como sugieren sus urgentes biógrafos, sino sutiles bombas implosivas para activar en los colegios. Su plan era introducir entre las lecturas del colegio una diversión de apariencia extremadamente inocente (un libro infantil), pero muy consciente de que cualquier libro tiene la obligación de convertirse, si está bien currado, en un objeto muy peligroso. Su cita favorita era de Joles Sennell: “Literatura infantil es aquella que también pueden leer los niños”. Ya es curioso que tu cita favorita haya sido difundida bajo pseudónimo"...

venres, 8 de xullo de 2016

Preciosa curtametraxe d@s nen@s de 6º deste último curso

Ningún comentario:

"Paso a paso", CEIP A Rúa (Cangas), Cinema en curso 2015-2016

Un verán de conto polas rúas de Vigo (dende o 6 de xullo ao 2 de setembro)

Ningún comentario:
"Un total de 22 actividades dirixidas a público infantil percorrerán diferentes lugares da cidade. O Centro de Interpretación da Oralida programa polas rúas, prazas, parques, areais de Vigo... contos, regueifas, monicreques, cancións, lendas... dentro do programa "No verán... un conto".

Un total de 22 actividades dirixidas a público infantil percorrerán desde o 6 de xullo ao 2 de setembro diferentes lugares da cidade: Independencia, prazas da De Digao e da Lagoa en Navia, A Miñoca, O Calvario, a carballeira da Guía en Teis, a Alameda de Bouzas e detrás do museo Marco. Contadas, monicreques, música... contos para soñar e voar coa nosa imaxinación, para acadar as nubes e para levar a pota... sempre contando coa música das árbores a as fábulas de onte e hoxe... E para o público adulto regueifas para divertirse e apreciar o enxeño de quen improvisa en verso"....

luns, 4 de xullo de 2016

Obradoiros de verán no Museo Massó. Para nen@s de 5 a 14 anos (7/6/16)

Ningún comentario:
Obradoiros de verán no Museo Massó. Xoves 7 de xullo ás 12.00h. Para nen@s de 5 a 14 anos.
"O QUE O MAR NON QUERE" 
O que ti non queiras non o tires ao mar. Trae cousas atopadas na praia que o mar devolveu e as reciclaremos como monstro mariño.
Inscrición gratuíta
Teléfono 986 321 838
museo.masso@xunta.gal