luns, 19 de marzo de 2012

SAN PEPE

Ningún comentario:
Moitas felicidades a tódalas Pepas e Pepes, e sobre todo a tódolos Papás!!!


El colegio de A Rúa se marca una meta (Faro de Vigo)

Ningún comentario:
"El colegio de A Rúa se marca una meta"

El cross escolar reunió a 325 participantes

domingo, 18 de marzo de 2012

3º CROSS ESCOLAR CEIP A RÚA

Ningún comentario:
E chegou o día, despois de días facendo todos os preparativos, por segunda vez o tempo intentou xogarnos unha mala pasada, pero finalmente o noso 3º cross foi todo un éxito.

O noso primeiro ano facendo nos mesmos as merendas, demostrou que estamos ben organizados ainda que as nosas previsións quedaronse cortas en principio.

Por suposto todo isto non sería posible sen a axuda de todos os pais e nais que estiveron botando unha man dende a primeira hora da mañá, i en días anteriores, facer unha especial mención para o avó de Xián de 6º que conseguiu un bo lote de trofeos, a Mónica, Olga, Merche, Rosa, Camilo, Kiko, Jose, Oli, Rosa, o pai de Abel, etc....as nosas colaboradoras directas Ali, Belén, Moncha..., ao equipo do Clube de Atletismo Vila de Cangas, a tódalas empresas e organismos citadas no cross... a todos vós e a todos os que se me quedan no tinteiro pero sabedes que estivestes, GRACIÑAS!!!

Deixamosvos un bo recordo.....

Xunta directiva

xoves, 1 de marzo de 2012

PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA DE CANGAS

Ningún comentario:
O próximo sábado, día 3, a partir das 11,30 h. da mañá a Plataforma instalará unha mesa na Praza da Palma (fronte ao Concello) para recoller asinaturas en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa e promoción da Sanidade Pública en Galicia.

Colabora coa túa asinatura! Achégate!