martes, 13 de decembro de 2011

Calendario 2012 sobre competencias basicas (CEAPA)

Ningún comentario:
Calendario 2012 sobre competencias basicas

CEAPA ha editado el calendario 2012 sobre competencias básicas. En cada día del mes hay una tarea ligada a una competencia que da pistas a los padres y las madres sobre qué tipo de actividades pueden realizar para trabajar en casa las competencias básicas, y así complementar el trabajo del profesorado en el colegio.

luns, 12 de decembro de 2011

DOCUMENTOS ASINADOS

Ningún comentario:
Informamos que o pasado mércores 7 de decembro, enviamos a través do rexistro de entrada os documentos asinados polos pais e nais co tema do comedor. Enviaronselle ao Sr Conselleiro, xefe territorial, Alcalde de Cangas i edil de educación de Cangas. Foron unhas 125 firmas para cada un.


A Xunta Directiva

NOVO XANTAR PROTESTA!!

Ningún comentario:
Con este tempo que estamos a ter, a verdade é que a maoiria das veces é bastante dificil por unha data para novas concentracións, non hai máis que ver a mañá que estamos tendo hoxe cando as prediccións eran bastante malas. Pois ben consultadas as prediccións esta mañá, convocamos unha nova concentración para o vindeiro mércores dia 14 de decembro. Esperámosvos a tod@s!!


A Xunta Directiva

venres, 9 de decembro de 2011

URXENTE!!!!

Ningún comentario:
Desconvócase a protesta de hoxe día 9 de decembro por motivo da choiva. Avisarémosvos cando o tempo nos dea unha tregua para poder facer unha nova.

venres, 2 de decembro de 2011

MAIS CONCENTRACIÓNS

Ningún comentario:
Convocamos a toda a comunidade escolar do centro (profesores, pais, nais, nenos, nenas, avós, etc..) a participar os vindeiros dias 05, 07 e 09 de decembro en novas Concentracións diante do Concello de Cangas a partir das 14:45h, seguindo as protestas para conseguir a apertura do comedor do centro

Ó igual que na primeira concentración, o acto consistirá nunha reunión na praziña diante do Concello para xantar, xusto despois de sair do colexio. Asistiremos ó xantar, cos nen@s, e a poder ser coa camiseta verde do colexio os que a teñan, e os que non con algo similar. Cada un deberá levar o seu bocata. Lembrádevos de levar unhas mesiñas e sillas.

O motivo de que non se fixeran de novo ata agora, é que para solicitar permiso a subdelegación de goberno, hai que facelo como mínimo con 10 días de antelación, e despois tamén dependemos do tempo.

Por certo, se chove desconvócase, estade atentos ás mochilas e tamén ao blog e a ver se temos sorte.

Contamos con todos vós e tódalas persoas que poidades avisar e queiran unirse a nosa causa, porque todos necesitamos ou podemos chegar a necesitar o comedor.

REUNION CON GESTIDO

Ningún comentario:
A verdade, é que non sei que pensar da reunión de hoxe. Ben minto, quero pensar que o edil de educación do concello de Cangas vai cumprir, e se é verdade que se están a facer convenios (claro está que si) cos concellos eles estarán dispostos a facelo, ou iso foi o que nos dixo.

Xa teñen solicitada unha reunión co Sr Vázquez, Conselleiro de Educación.

Quédome coa súa derradeira frase "En Cangas tamén se fará", e nós como moi moi tarde, esperamos se faga en setembro.

Se alguén dos que asistiron a reunión quere deixar algún comentario, invitoo a facelo

María

xoves, 24 de novembro de 2011

Ningún comentario:
ELECCIÓNS XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACION E ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Comunicámosvos, que non se recibíu ningunha candidatura para formar nova xunta directiva. Por este motivo, convócase a tódolos socios e socias á Asamblea Xeral Ordinaria, que terá lugar o vindeiro martes 29 de novembro, ás 18:45h i en segunda convocatoria ás 19:00h, coa seguinte orde do día:
  • Lectura e aprobación, se procede da acta anterior. 
  • Ratificación e aprobación da xunta directiva 
  • Aprobación das contas do curso 2010/2011 
  • Actividades Extraescolares 
  • Roupa en stock do chandal 
  • Cota e soci@s 
  • Suxerencias 
Aproveitaremos a reunión para falar das últimas novas con respecto ao comedor, polo que se algún pai ou nai que non sexa soci@ quere asistir a reunión, será ben recibido.

A Presidenta

REUNION EN SANTIAGO

Ningún comentario:
Como sabedes onte pola mañá, Antonio, Jose i esta servidora, tivemos unha reunión coa Subdirectora Xeral de Orzamentos e Servizos Educativos Complementarios, Ana Ornilla.

A verdade é que non nos dixo nada diferente ao que lle dixeron aos nosos compañeiros de Vigo.

A consellería non vai a asumir a xestión de ningún comedor máis. O que se está a facer é conveniar cos concellos, tal e como se fixo en Ferrolterra e Santiago, este último previsto para o curso que ben.

O convenio consistiría no seguinte. A consellería autorizaría ao Concello para facer a contratación da empresa hostaleira mediante concurso público e a xestión do mesmo. A Consellería acorda co concello a dotación dunha subvención para os comedores, moi superior as subvencións que están a recibir as anpas.

O concello decidiría enton se poñen algun tipo de subvenciós dependendo da renda ou familias numerosas, etc

Para que todo isto se leve a cabo, por suposto o concello debe aceptar facelo e sentarse a falar coa consellería.

Ao parecer xa tiveron un primeiro contacto co concello para falar de este tema, pero o concello dixo que non querian facelo e que intentarian que as anpas asumisen a xestión.

Se o concello de vigo convenia finalmente coa conselleria, ainda lle poderiamos apretar mais os tornillos. Lembrade que o vindeiro xoves 01 de decembro temos reunión con Gestido as 20h, en Xuventude.

luns, 21 de novembro de 2011

CAMBIO REUNION E NOVAS DENDE VIGO

Ningún comentario:
Boas noites a tod@s!!

Esta tarde chamaron de educación en Cangas para avisarnos de que nos cambian a data da reunión para o xoves dia 01 de decembro ás 20.00h. Vémonos alí!!

Puxémonos en contacto con Foanpas (Federación de Anpas de Vigo), xa que o pasado xoves 17 de novembro reunironse co Secretario Xeral e Ana Ornilla en Santiago. As súas conclusión foron as seguintes:

La Consellería no tiene previsto asumir la gestión de más comedores.

Hay que conveniar con los Concellos, (Consellería/Concello) ejemplo: Ferrol, Narón, Santiago (previsto).

La subvención del curso anterior está todavía sin cobrar por temas burocráticos.

Xa lle comunicaron esta resposta a persoa responsable de educación no concello de Vigo e esperan en breve ter unha reunión con eles para debatir este tema.

En fín, vexamos o que nos din a nós

venres, 18 de novembro de 2011

REUNIÓNS SOLICITADAS

Ningún comentario:
SANTIAGO

Como xa vos comentaramos anteriormente, estabamos pendentes da data para a reunión en Santiago. A boa nova é que será o vindeiro 23 de novembro as 11h da mañá, a mala nova é que unicamente recibirá a un máximo de tres personas.

A reunión será con Ana Ornilla Guillamón, Subdirectora Xeral de Xestión Orzamentaria e de Recursos Educativos Complementarios.

Asistiremos, Antonio (Director do cole), Jose (Anpa) e María (Anpa)

CANGAS

Tamén nos contestarón de educación do concello, temos data de reunión para o mércores 30 de novembro as 20h, na Casa da Xuventude (antiguo Concello, frente a Ex-colexiata). Non hai limite de asistencia, vémonos alí.

XXXVIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS

Ningún comentario:
Domingo 4 de Decembro 2011, Alameda Vella de Cangas a partir das 10:00

REGULAMENTO
1. O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas e a Fundación Cangas Deporte, organizan o XXVIII Trofeo de Pedestrismo, que terá lugar o día 4 de Decembro de 2011, con saida e chegada na Alameda Vella de Cangas.
2. As categorías e horarios das carreiras é o seguinte
Minibenxamín 2005-06 ··Benxamín 2003-04 ··Alevín 2001-02 ·· Infantil 1999-2000 ··Cadete 1997-98 ·· Xuvenil 1995-96 ·· Xunior 1993-94 ·· Promesa 1990-91-92 ·· Senior 89 ata veteranos ·· Veteranos 35 anos en adiante

"Xunta y Concello gestionarán en el 2012 once comedores escolares" LA VOZ DE GALICIA 17/11/11

Ningún comentario:
Conselleiro de Educación: Xunta y Concello gestionarán en el 2012 once comedores escolares

Las Administraciones ceden a la fuerte presión de las Anpas