luns, 22 de xuño de 2009

RUMBO, COLISIÓN CONTRA O GALEGO...

Ningún comentario:
O día 8 de febreiro de 2009, un petroleiro de bandeira española denominado "Galicia Bilingüe" encallou nos baixos da Quintana dos Mortos

domingo, 21 de xuño de 2009

XUNTA DIRECTIVA ACTUAL

1 comentario:
XUNTA DIRECTIVA ACTUAL
Presidenta María Fernández
Vicepresidenta (actividades) Alicia Herbello
Secretaria Claudia González
Tesoureira Belén Cabral
Vocal (deportes e actividades) Patricia Barreiro
Vocal Susi Parcero
Colaboracións Mª José González

Somos a asociación de nais e pais de alumnos do cole de educación infantil e primaria A Rúa. Somos unha asociación integrada na Federación de Anpas de centros públicos de Cangas "A Gameliña" e defendemos unha escola pública, libre, intercultural, igualitaria e de calidade. 

Unha escola que prepare a tódolos seus estudantes por igual e para triunfar, onde tódolos alumnos poidan aprender e se lles proporcionen os instrumentos, o apoio e as conexións que eles necesiten para chegar ó seu máximo potencial.

Unha escola onde os pais de familia participen activa e constructivamente axudandoa. Unha escola cun ambiente sano, seguro e de apoio onde os estudantes poden aprender e desenrolarse, con recursos oportunos para iso, coma libros gratuitos de texto actualizados e as novas tecnoloxías. 


Parte do texto from giveakidaschool.org

martes, 16 de xuño de 2009

Ningún comentario:
"A FADA DESMEMORIADA"

GRUPO DE TEATRO A RÚA

Todos temos unha cita este Xoves 18 de Xuño, as 19:15 horas no Auditorio Municipal. @s nen@s do grupo de teatro do noso cole, amosarannos un estupendo traballo elaborado ó longo do curso...
Esperamosvos a tod@s!!!



Recordámosvos ademais, que o mesmo día, actúa tamén no auditorio o grupo de teatro da Federación de Anpas de Cangas, as 21:30 horas.
Ver programa

Fotos manifestación Gratuidade dos libros de texto

Ningún comentario:

Posted by Picasa

sábado, 13 de xuño de 2009

Ningún comentario:
VIAXANDO COS NEN@S

PARQUE WARNER E FAUNIA, DE MADRID A HOLLYWOOD

Superheroes, personaxes de Looney Tunes e animais rodean Madrid. Non o perdas!!!

RESPIRA MOI FONDO. Xa podes subirte a montaña rusa de madeira Coaster Express, que che deixará sen alento. Se és mais moderado, faite cun impermeable e tírate polas Fervenzas Salvaxes. E se áma-lo cinema , e o cómic, pasa ó Superheroes World: esperante Lex Luthor, Superman ou Batman. É parte da oferta do parque Warner Madrid. E pola noite, conquista o tétrico Gotham City Hill. Faite co Pase Correcaminos, que che permite disfrutar das atraccións tantas veces como queiras entrando polos acesos especiales. ¡¡Adeus ás colas!!

Para correcaminos, os de Faunia. Os maiores interesaranse pola Xungla, a Casa das Bolboretas e Misterios baixo Terra. Os pequenos, quedarán boquiabertos na Granxa ou no Nido. E todos, nas actuacións das aves rapaces e nas acuáticas (ollo ós horarios). E ti aproveita para redescobrir Madrid: o soño olímpico lávalle a cara.

Texto orixinal: J.O. Folleto Escapadas Barceló 2009/2010
Tradución: María

venres, 12 de xuño de 2009

Os directores/as dos centros públicos de Cangas cuestionan a enquisa sobre o uso das linguas

1 comentario:
Profesores e profesoras do CEIP A Rúa, ante o procedemento aberto pola consellería de educación e ordenación universitaria de consulta ós pais e nais do alumnado dos colexios públicos e concertados sobre o ensino das linguas, queremos manifestar o seguinte: pincha aquí

Os directores/as dos centros públicos de Cangas cuestionan a enquisa sobre o uso das linguas
.........................................................

COMUNICADO DE PRENSA DOS ENDL

xoves, 11 de xuño de 2009

Ningún comentario:
ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA!!!

19 de Xuño as 17:00 horas - ELECCIONS PARA UNHA NOVA ANPA

Tódolos mandatos teñen un final, as veces son re-elexidos e outras non queren selo. Por haches ou bes o equipo actual da Anpa, deixanos cun moi bo sabor de boca, vai ser dificil superalos, pero andaran polos arredores dalgunha forma.
É o momento de elexir un novo equipo, por iso vos, socios e socias xogades un papel moi importante!!!
Os soci@s que queiran poderán presentá-las súas candidaturas, por medio de mail ou do buzón da Anpa sito no cole.
As candidaturas presentaranse ata o mesmo venres 19 pola mañá, indicando nome e apelidos e o papá ou mamá de quen é, ademais do curso do neno, para que ó resto dos soci@s nos sexa mais facil identifica-los candidatos.
Os nomes dos candidatos exporanse no tablón de anuncios do cole e neste blogg. Para ser electo haberá que asistir a asamblea e ser por suposto soci@ da Anpa.

LISTA DE CANDIDATURAS

María Fernández Gil, nai de Adrián de 4 anos


Ademais da eleccion da nova Anpa, trataranse outros temas de gran interes para todos:

-Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
-Balance de contas do curso 2008/2009
-Cota anual da Anpa
-Rogos e preguntas...

Contamos con todos vos, temos unha cita na biblioteca do cole o vindeiro venres 19 as 17:00 horas!!

A Asamblea Xeral Extraordinaria, deu comezo as 18:15h.
Quedou aprobada por unanimidade a acta da xuntanza anterior 17/10/2008
Presentáronse as contas do curso 2008/2009 e aprovanse tamén por unanimidade
Procedese ó cambio da xunta directiva e a unica candidatura presentada e apoiada por todos os presentes, quedando validamente constituida a nova Xunta Directiva. (Ver titulo Quen somos).
A nova directiva anuncia un pequeno aumento na cota da Anpa, que pasará a ser de 16€ anuais por familia. Tamén aumentará o prezo das actividades dos non soci@s a 15€ mensuais, as dúas propostas aprovanse por unanimidade dos presentes. Igualmente se aprova que a partir do vindeiro curso 2010/2011 só se beneficiarán da subvención da Anpa para a excursión de 6º de primaria os nen@s que foran soci@s da Anpa durante o ciclo completo, e dicir, 5º e 6º. Iso quere dicir que os alumnos de 5º este curso deberan ser soci@s e o curso que ven tamén, para beneficiarse da subvención para a citada excursión.
Sen mais, deuse por rematada a asamblea as 20:00h

domingo, 7 de xuño de 2009

4 comentarios:
FOI ESTUPENDO.....GRACIAS!!!!

Xa que polo de agora son eu a que ten a batuta deste blogg, queria dicir unhas palabriñas je, je..

Por fin pasou o día da festa!! Se que é moi dificil que todo o mundo entenda o gran traballo que realiza a Anpa de cara a festa e durante todo o ano dende o comezo do curso ata o final do mesmo, e por iso simplemente quisera da-las gracias por esta experiencia a todos os que estiveron....

Gracias a Merche, Susi, Mónica e Jose, Ali e Jose, Adrián, Patri, Elena, Claudia, Belén, Carlos o técnico de electricidade, Carlos o Speaker, Catalina, Susi a nai de Andrea, Juan e Beti, O pai que acompañou os nenos de catro anos nos xogos, A nai que se ofreceu a leva-la basura cando recolliamos, A mamá de Joel de 4 anos (ups!! perdón por non sabelo teu nome), Diana que barreu a clase de 3 anos, Bea, Ana, Chus, Os alumnos de 6º que como animadores son unicos!!, Juan o de teatro, Sara a de música, Lara a de patinaxe, Nita? a de Batuka, Tomás o de xadrez, A señora da limpeza que moito tivo que aguantar estes derradeiros dias..., A Roberto ....
A tódolos pais e nais que participaron nos xogos, socios e socias da Anpa, e a todos e todas os que non nomeei, i estiveron ahi e estarán, profes, monitores, pais, nais, avós, avóas...
Os nen@s do CEIP A Rúa, que son todos únicos..

Seguro que me olvido de moita xente pero e igual iremonos coñecendo pouco a pouco

A tod@s.............. GRACIÑAS!!!
e tamén gracias o tempo que tivemos, foi estupendo...

Unha aperta
María



venres, 5 de xuño de 2009

Ningún comentario:
FESTAAAA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

O vindeiro sábado 6 de Xuño, celebramos a nosa festa de fin de curso. Estades todos convidados!!
Aqui téde-lo programa



Aproveitamos para agradecer a tódolos socios e socias a sua contribución a Anpa cada comezo de curso, pois sen as suas aportacions todo isto non sería posible.

Unha aperta para tod@s e pasalo ben!!!

martes, 2 de xuño de 2009

MUSICA NO COLE

1 comentario:
INVITACION PARA PAIS E NAIS, FAMILIARES E AMIGOS

Os alumnos de 5º e 6º, preparamos unha historia da música galega e queremos invitar a naís, país, familiares e amigos a que veñades a vernos.

Actuaremos o martes 2 de xuño pola tarde.

Empezamos as cinco.

¡Ata pronto! ¡ será moi divertido!