Ola Familias!
luns, 2 de novembro de 2020
Obradoiro radio onda feminista
Ola Familias!
sábado, 31 de outubro de 2020
domingo, 25 de outubro de 2020
Subnvención Igualdade ANPA A RÚA
A ANPA A RÚA obtivo uha axuda económoca dede 3772 eur destinada a actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero, financiada pola secretaría Xeral da Igualdade da XUnta de Galicia en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero. Polo cese imprevisto do curso pasado debido á actual pandemia do COVID-19 as actividades aprazáronse a este novo curso e levaranse a cabo durante os meses de Outubro e Novembro de manera telemática. Achegamosun resumo das actividades que forman parte do proxecto.
A Asociación AGAREXO comezará o obradoiro de onda feminista co alumnado de forma telemática o próximo luns 26 de outubro.
Iremos informando das diferentes actividades a través do facebook do ANPA e do blog do cole.
Saúdos
ANPA A RÚA
https://drive.google.com/file/d/1ImguUlL78fGkRgCMRdZwrCW-PxkqdEU1/view?usp=sharing
xoves, 10 de setembro de 2020
mércores, 9 de setembro de 2020
luns, 31 de agosto de 2020
Convocatoria asamblea Extraordinaria o 2 de Setembro
Ola familias:
O vindeiro Mércores 2 de setembro celebrarase unha Asamblea xeral Extraordinaria ás 19:00H en primeira convocatoria e ás 19:30H en segunda convocatoria.
A orde día será o seguinte:
1- Explicación da situación actual: Protocolo da Consellería de Educación, e a imposibilidade de levar a cabo as extraescolares e a aula matinal. Asistirá á asamblea o equipo directivo do CEIP a rúa para contarnos un pouco máis da implantación do protocolo do noso cole.
2- Petición para saber se as familias secundarían unha folga, non enviando ás crianzasá clase mentras non se cumplan uns mínimos sanitarios, para que así poidamos evitar ó máximo posible futuros contaxios.
3- Rogos e preguntas.
Debido á pandemia actual do COVID-19 nos reuniremos no campo de fútbol do colexio.
Porfavor, acudide tod@s con máscara e mantendo sempre as distancias de seguridade.
Agardámosvos a tod@s!!
ANPA A RÚA
xoves, 27 de agosto de 2020
INFORMACIÖN COMEDORES
INFORMACIÓN SOBRE APERTURA DE PRAZO PARA PREINSCRICIÓN 2020-2021 DOS COMEDORES ESCOLARES XESTIONADOS POLO CONCELLO DE CANGAS.
Debido a situación actual por mor da pandemia da COVID-19, e tendo en conta o protocolo da Xunta de Galicia, a capacidade dos comedores escolares pode reducirse, polo que nalgún caso podería contar con dobre quenda de comida (priorizando na 1ª quenda os escolares de infantil e primeiros cursos de primaria) .
Tendo en conta as posibles solicitudes de comedor e as restricións que poden derivarse da situación sanitaria, é posible que se restrinxa o número de usuarios/as do comedor polo que de ser necesario estableceranse uns criterios de admisión. En todo caso terán a praza garantida o alumnado con beca (axuda de comedor) e preferencia as familias nas que traballen as persoas responsables legais do menor no horario de comedor. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas dispoñibles, poderanse acordar o establecemento doutros criterios de admisión.
As solicitudes entregadas en prazo e forma e que non obtiveran praza quedarán en lista de agarda ata que se produza unha vacante. Admitiranse as solicitudes fora deste prazo e durante o resto do curso, pero neste caso, a admisión no comedor escolar estará condicionada a existencia de prazas vacantes. En todo caso terán preferencia as solicitudes presentadas no prazo establecido.
Todas estas medidas estarán vinculadas a evolución da pandemia, e as directrices que marquen as autoridades sanitarias e educativas, que poderán chegar incluso a suspensión do servizo.
1.- Centros escolares:
Ceip A Rúa, Ceip Espineira-Aldán, Ceip Hio, Ceip Nazaret
2.- Prazo :
O prazo de presentación de solicitudes de preinscrición será entre o 26 de agosto e o 3 de setembro.
Presentarase a correspondente solicitude (Anexo I). Neste momento non será necesario achegar ningunha documentación complementaria. O concello de Cangas poderá requirir as familias a presentación daqueles documentos que sexan necesarios para verificar o cumprimento dos criterios de admisión.
Toda a información así como o formulario de solicitude estará dispoñible na páxina web do concello de Cangas.
Ademais poderán enviarse as solicitudes de información ao correo ensino@cangas.gal.
martes, 25 de agosto de 2020
Manifesto ANPAS GALEGAS para o inicio Curso 2020/2021
https://www.anpasgalegas.gal/2020/08/manifesto-de-anpas-galegas-para-o-inicio-do-curso-2020-2021/
MANIFESTO DE ANPAS GALEGAS PARA O INICIO DO CURSO 2020-2021
by ANPAS GALEGAS · 19 Agosto, 2020
A necesidade de dar resposta ás demandas das familias galegas diante das erroneas instrucións da consellaría de educación, móvenos a publicar este Manifesto de mínimos sobre como debe ser a Escola que acolla ás nosas fillas e fillos a partires do 10 de setembro próximo.
As ANPA, dende marzo deste ano temos outra función inesquecíbel que se ven sumar ás que xa tiñamos de noso: traballar por un Ensino seguro no que se poidan desenvolver o resto dos valores que o Ensino Público achega ás nosas crianzas: equidade, igualdade, non discriminación, atención á diversidade, inclusión e, ,por suposto, formación completa en contidos e valores democráticos e participativos.
Este manifesto ten que saír xa á luz, á vista da evolución da enfermidade e da inacción da nosa clase dirixente, pero está aberto ás adhesións doutros membros da comunidade educativa, coma xa o fixeron prontamente Nova Escola Galega, o Colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia, ou a Federación de Anpa de Moaña. Agardamos que se veñan sumando outros colectivos interesados no mellor Ensino Público Galego posíbel.
É un manifesto longo, no que cómpre destacar a esixencia de mantermos o 1,5 metros de distancia de seguridade en todas as circunstancias e ámbitos, o dereito a excluír da obrigatoriedade de asistencia a clase a aquel alumnado que estea en situación de risco, ou que conviva con persoas nesta situación; ou a reclamación de que este difícil principio de curso non faga esquecer que o curso pasado rematou falsamente, e que hai que retomar as circunstancias e os contidos que quedaron parados o 13 de marzo pasado.
Facendo clik na seguinte ligazón podedes ler o manifesto completo Manifesto ANPAS GALEGAS 14 agosto 2020