
"O único que piden os protagonistas das 7 aldeas para asistir ao Entroido de Hío, é que se coñeza o seu protocolo e a súa tradición para poder mantela e que a festa dure ata a eternidade.
Tradición dos vecinos e veciñas de 7 aldeas de Hío: Liméns, Nerga, Vilariño, Igrexario, Vilanova, Pinténs e Donón, que se unen e participan dende os mais pequenos os mais maiores o son constante da música e acompañados do colorido dos seus disfraces.
ISTO É O QUE DEBES SABER SE DECIDES UNIRTE A ESTA FESTA:
Cada unha destas aldeas contrata a un grupo de Gaiteiros que deberá tocar unhas 13, 14 ou 15 horas cada unha das dúas xornadas e media que dura a festa; eles son as verdadeiras estrelas. De feito, non se escoita ningún outro tipo de música durante as horas e horas nas que pasan as comparsas indo dun lugar a outro. Por iso, é lóxico que os grupos que participan sexan despois moi respectados polos demais gaiteiros, ademais de ser seguidos por tódolos veciños disfrazados e bailando, formando unha especie de procesión multicolor que percorrerá a parroquia de Hío.