luns, 9 de febreiro de 2015

Solicitude de axuda da ANPA en relación ao Cross do noso cole...

Ningún comentario:
Co motivo da organización do cross do noso cole neste ano (2015), que terá lugar o 15 de marzo, solicitamos axuda para buscar colaboracións que axuden a financiar os gastos que xurdirán. Por favor, as persoas que estean dispostas a colaborar, póñanse en contacto coa ANPA. 

Grazas, por anticipado...

venres, 6 de febreiro de 2015

"ASÍ SOMOS OS DO COLEXIO CEIP "A RÚA" DE CANGAS" vídeos chulísimos!!!!!!

Ningún comentario:
Aquí a ligazón do blogue "Piensa, crea ... Acción", un proxecto chulísimo do conxunto dos centros CEIP Santa Mariña de Magán (Toledo), da Escola de Bordils (Girona) e do noso cole.

mércores, 4 de febreiro de 2015

Representación do musical O Rei da Sabana no Auditorio de Cangas (o 15/02/15)

Ningún comentario:
En Arousa Tv din:  ..."Como é a vida na sabana? Ven e descúbreo ti mesmo na primeira adaptación ao Galego do conto popular, cun traballado e impresionante atrezzo cheo de cor e cun grande impacto visual: máscaras, traxes, maquillaxe, animais e unha completa posta en escena, que non deixará indiferente a ninguén. Emocionante espectáculo con música e voces en directo que divirte cos seus personaxes facendo así un musical con todos os ingredientes para pasar unha tarde coa familia"...

Oferta de clases de patinaxe para adultos dende a Anpa de San Roque

Ningún comentario:
Infórmannos dende a Anpa de San Roque, dunha actividade para adultos a partir deste mes de febreiro: Patinaxe para adultos.

Mais informacion nesta ligazón.

venres, 30 de xaneiro de 2015

Documental recomendado sobre nen@s...

Ningún comentario:
Un documental recomendado do programa "tres14", onde  estudan os nenos para aprender deles. Cóntanolo expertos en desenvolvemento infantil como Jordi Sunyer ou Marie Lallier. Co filósofo José Antonio Marina aprendemos a coñecer mellor os nosos pequenos...

martes, 27 de xaneiro de 2015

Menú proposto para o mes de Febreiro 2015

Ningún comentario:

"Uxío no País de Patadecabra" (Sábado, 31 de xaneiro ás 18:00 horas no Auditorio de Cangas)

Ningún comentario:
..."Uxío no país de Patadecabra e unha obra inédita que mestura o teatro, a maxia e os monicreques a través dunha historia fantástica chea de realismo infantil. Uxío e un neno de 7 anos que procede dunha familia moi humilde. O seu soño e converterse nun gran Mago e o seu único xoguete, un libro cheo de emocionantes historias sobre un país fantástico chamado “Patadecabra”. Unha noite… durante un soño moi especial, Uxío vivirá unha máxica aventura no país de Patadecabra con todos os seus personaxes.
¿Sera realmente so un soño?
¿Cumprirá Uxío o seu soño?
¿Qué pasará cando desperté?"...

...aquí a ligazón...

mércores, 21 de xaneiro de 2015

"MIS PRIMEROS MIL DÍAS" un moi interensante monográfico dos dous primeiros anos de vida dun/ha nen@

Ningún comentario:
..."Unha viaxe pola etapa máis crítica na vida dun neno. Permanecer con vida e superar esa fase é un reto para millóns de nenos e nenas. Viaxamos por todo o mundo para abordar historias persoais e algúns aspectos clave neste camiño dende a concepción ata os primeiros dous anos"...

venres, 16 de xaneiro de 2015

Festival de Teatro para toda a familia "Domingos do Principal" (en Pontevedra, xaneiro-febreiro)

Ningún comentario:
..."este domingo 18 de xaneiro (12:00 h. e 18:30 h. no Teatro Principal de Pontevedra) "Malasombra": da compañía Au Ments Dansa-Teatro (Illes Baleares) é un conto inspirado en “A marabillosa historia de Peter Schlemihl” de Adelbert von Chamisso, unha novela romántica onde a sombra é asimilada á alma ou ao dobre de un mesmo"...
...aquí máis datos...

xoves, 15 de xaneiro de 2015

"Os mellores libros xuvenís de todos os tempos" segundo "libropatas.com" e da revista "Time"

Ningún comentario:
..."¡Os libros xuvenís están de moda e as fronteiras comezaron a esvaecerse! Cantos adultos feitos e dereitos esperaban como auga de maio a nova entrega de Harry Potter? Cantos claman que os libros de 'Os xogos da fame' son mil veces mellores que as películas? Cantos choraron como o que máis con 'a ladroa de libros'? Porque as etiquetas en literatura son moi útiles para distribuír os libros na libraría, pero para pouco máis, compartimos aquí unha lista da revista Time cos 100 mellores libros xuvenís de todos os tempos"...

mércores, 14 de xaneiro de 2015

Xornadas sobre o trastorno TDAH en Moaña (o 17/01/15)

Ningún comentario:
Aquí tedes unha explicación do trastorno obtida da Wikipedia..
"...O trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) é síndrome conductual. É un trastorno moi prevalente que, segundo estimacións, afecta entre un 5% e un 10% da poboación infanto-xuvenil, sendo unhas tres veces máis frecuente en varóns. Demostráronse diferenzas entre diversas áreas xeográficas, grupos culturais ou niveis socioeconómicos. Representa entre o 20% e o 40% das consultas nos servizos de psiquiatría infanto-xuvenil. Trátase dun trastorno do comportamento caracterizado por distracción moderada a grave, períodos de atención breve, inquietude motora, inestabilidade emocional e condutas impulsivas..."

Menú de Xaneiro do 2015

Ningún comentario:
Aquí tedes a ligazón co menú de xaneiro deste ano 2015... bo proveito...