mércores, 17 de setembro de 2014

Oferta de Obradoiros Infantís da Concellería de Xuventude (204-2015)

Ningún comentario:
Dende a Concellería de Xuventude remitimos a información da actividade anual de Obradoiros infantís que se desenvolverán na Casa da Xuventude dende outubro de 2014 a maio de 2015. Un ano máis os Obradoiros Infantís abren as súas portas a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 hs.
...
Os pais/nais/titores dos/as nenos/as interesados/as en asistir aos Obradoiros Infantís, anotarán aos pequenos/as na Casa da Xuventude de Cangas a partires do martes 16 de setembro, e o curso iniciarase o vindeiro 20 de outubro.

A inscrición farase efectiva unha vez se cubra o formulario de inscrición e se pague a cota anual correspondente de 25 € por 2 horas ou 40 € por 4 horas semanais.

luns, 15 de setembro de 2014

NOTA INFORMATIVA SETEMBRO 2014 (Tokapp School & Cota Anual)

Ningún comentario:

Aplicación Tokapp School
Tal e como se informou a finais do curso pasado, a anpa comunicará a partir de agora as súas notificacións a través da aplicación Tokapp School. Esta e a circular de actividades que recibiredes en breve, serán as ultimas circulares que se vos envie por esta via (papel). Agradeceriamosvos que nos indicasedes os vosos usuarios de tokapp ou o voso correo electronico o antes posible.
... (máis información no ficheiro a descargar)...

Cota Anual
Informamos a tódolos pais e nais que queiran seguir sendo soci@s ou iniciarse como soci@s da A.N.P.A este curso 2014/2015, que o importe da cota anual é de 15€ por familia, e que a forma de pago farase mediante ingreso bancario nunha oficina de Abanca, no seguinte nº de conta: 2080 5079 83 3040001135.
No ingreso porase en concepto COTA ANPA, NOME DO NENO E O CURSO.

domingo, 14 de setembro de 2014

Programa deportivo da Fundación Cangas Deporte (2014-2015)

Ningún comentario:
A Fundación Cangas Deporte, xunto cos clubs dos deportes ofertados, ten programado para o mes de Outubro o comezo da undécima edición do programa onde, a través dos Centros de Educación Infantil e Primaria de Cangas, quérese achegar todas as variedades deportivas existentes no noso concello, e outras novas, para así aumentar a oferta deportiva aos nenos/as e nenas do mesmo. O prazo de recollida de inscricións rematará o venres, día 26 de setembro de 2014 (ás 14.00 h). As inscricións deberán formalizarse nas oficinas da Fundación Cangas Deporte, sitas na Casa da Xuventude de Cangas, de luns a venres, en horario de 09.00/14.00 h.

O prazo de recollida de inscricións rematará o venres, día 26 de setembro de 2014 (ás 14.00 h). As inscricións deberán formalizarse nas oficinas da Fundación Cangas Deporte, sitas na Casa da Xuventude de Cangas, de luns a venres, en horario de 09.00/14.00 h.
Clicade aquí para descargar o listado correspondente ao noso cole...

sábado, 13 de setembro de 2014

Menús de setembro

Ningún comentario:
Relación de menús no noso comedor en setembro 2014

Reunión extraordinaria (martes 16 de setembro 2014)

Ningún comentario:
Estimad@s nais e pais,
Co inicio de curso, convocámosvos a unha reunión o vindeiro martes 16 de setembro, ás 18:45h en primeira convocatoria (ás 19h en segunda convocatoria), para explicarvos varios asuntos nos que necesitaremos da vosa axuda para que se poidan levar a cabo:
  1. Aula matinal
  2. Reforma do patio exterior
Aquelas familias que desexen usar a aula matinal e non poidan asistir á reunión, podedes comunicar o voso interese á ANPA deixando unha nota no buzón ou á dirección do centro.


A Xunta Directiva.

SINDROME DE ASPERGER: Guía práctica para a intervención no ámbito escolar

Ningún comentario:

Documento de regulamento de comedores de xestión indirecta (2014-2015)

Ningún comentario:
Instrucción 2/2014 da secretaría xeral técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 5 de xuño sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2014-2015... (ficheiro pdf)

martes, 2 de setembro de 2014

Calendario escolar 2014/2015

Ningún comentario:

...E en prensa (cincodias.com)
"...O calendario escolar fixa que os alumnos de segundo ciclo de educación infantil, educación especial educación primaria empezarán as clases o 10 de setembro de 2014 e finalizarán o 19 de xuño de 2015. Para as clases de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional as clases comezan o 15 de setembro de 2014 e terminan o 19 de xuño de 2015, ambos incluídos.

Vacacións:
  • Nadal: dende o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015, ambos incluídos.
  • Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015.
  • Semana Santa: dende o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015, ambos incluídos..."

Material escolar 2014-15 proposto, para o noso cole

Ningún comentario:
Link do material escolar para o curso 2014/2015

Libros de texto suxeridos 2014-2015, para o noso cole

Ningún comentario:
Libros de texto publicados ata o de agora...