mércores, 18 de maio de 2016

PROGRAMA XII XORNADAS INTERCULTURAIS 2016, concello de Cangas

"...Dende o Centro de Benestar Social do Concello de Cangas queremos informar que o vindeiro día 4 de xuño , sábado, terá lugar a XII Festa Intercultural na Alamada Vella.

Gustaríanos convidarvos a participar nela.

Tras a iniciativa dunha profesora de Nazaret, propoñemos a realización dun debuxo feito polos rapaces e rapazas de forma individual ou grupal sobre a interculturalidade.

Durante o día da festa, existirá un mural preparado, onde poderán colgalos todas @s participantes que o desexen. Este mural estará exposto durante toda a tarde da Festa.

Recoméndase a tod@ participantes , traer o debuxo aproximadamente sobre as 17:30, xa que ás 18:00 comenzará un contacontos no mesmo lugar"...

Ningún comentario: