venres, 27 de maio de 2016

Mercado solidario por parte de varias asociacións de Cangas o 28/5/16

"Bos días,

O sábado 28 de maio, celébrase o día do mercado na Praza de Abastos de Cangas, a través dunha campaña da Xunta de Galicia - Dirección Xeral de Comercio "Quere o teu mercado". O interese do Concello é poder darlle máis actividade nesa mañán a praza de abastos, empregando a segunda planta que actualmente non ten actividade.

Realizarase un Mercado solidario por parte de varias asociacións de Cangas, e outras actividades de dinamización dende as 11 da mañá. Xa cara ó mediodía entre as 12:30h e as 13:30h desfrutaremos dunha actuación musical e un pinchos para amenizar a xornada.

Tendo en conta solicitudes de datas pasadas para a montaxe dun pequeno posto de venda solidaria, desta vez quixeramos ofreceros dende o concello a oportunidade de montar un posto para recaudar fondos para a vosa entidade, o sábado 28 de maio no segundo andar da Praza de Abastos. A montaxe do posto sería antes das 11 da mañán.

Gustaríanos moito contar coa vosa colaboración neste día, co que precisedes podes contactar a través deste mail, ou a través da Axencia de desenvolvemento local no 986301371.

Grazas.Un saúdo.
Anxela Vizoso.
Concelleira Desenvolvemento Económico e Emprego Local."

Ningún comentario: