luns, 12 de abril de 2010

XORNADA DE CONVIVENCIA PARA FAMILIAS

Foto de jesussimon


O Equipo Directivo e a A.N.P.A. do CE.I.P. A Rúa conxuntamente estamos a organizar un día de convivencia para toda a comunidade do centro, que terá lugar o vindeiro sábado 17 de abril e consistirá en facer unha ruta de sendeirismo seguindo o curso do río Xabriña, situado no concello de Covelo.


A ruta é apta para tódalas idades pero non se poden levar cadeiras de bebé, xa que aínda que ten pouco desnivel é sendeiro de monte.

Acompañaranos unha monitora acostumada a levar grupos escolares.

A saída será en autobús (se se cubren un mínimo de prazas) dende o colexio ás 09:00h da mañá con destino Paraños, onde comezaremos a ruta a pé descubrindo as fragas, o río, a vexetación, os muíños, etc.. 



O prezo do autobús será de 6€ aproximadamente por persoa dependendo do nº de prazas que se reserven, contando que parte do autobús estará subvencionado polo centro e a ANPA.

Tódolos nenos e nenas deberán ir acompañados dun adulto, e cada un deberá levar o que precise para pasar o día (bebida, comida, etc..). Recoméndase levar roupa e calzado cómodos para camiñar.

Todos/as os/as que desexen participar e divertirse con nós, poderán entregar unha nota no buzón da Anpa ou os titores/as ata o vindeiro martes 13 de abril ás 14:00h, cos nomes dos sendeiristas. Unha vez feito o reconto de participantes, mandarase unha nota co importe exacto do bus. 

O centro educativo e a ANPA non se farán responsables de ningún dano físico, moral ou material ocasionado no transcurso do día.




IMPORTANTE: En caso de que non faga bo tempo suspenderase a ruta ata novo aviso



Ningún comentario: