luns, 3 de decembro de 2018

ENREDOS DE NADAL

https://cangas.gal/portal-cidadan/noticia/gl/461









O Concello de Cangas a través das Concellarías de Ensino e Deportes, Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, e Xuventude e Voluntariado organiza o programa “ENREDOS DE NADAL 2018”, que ten coma obxectivos principais:

  • Fomentar a igualdade de oportunidades
  • Crear un lugar de encontro entre rapaces e rapazas.
  • Potenciar un modelo de sostenibilidade social.
  • Promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía.
  • Xerar unha rede de servizos sociocomunitarios diversos e flexibles.
  • Desenvolver actividades para nenos e nenas fóra do horario escolar, en períodos vacacionais, tendo en conta a perspectiva de xénero.

Dirixido a: Nenos/as de 4 a 12 anos .
  • Grupo de 4-6 anos
  • Grupo 7-10 anos
  • Grupo 11-12 anos

Datas:
  • 1ª quenda: 26/27/28
  • 2ª quenda: 31/2/3/4
  • Actividade completa: 26/27/28 decembro e 31/2/3/4 de xaneiro
Horarios:
Actividades 9:00 – 14:00

Actividades a desenvolver:
Talleres, xogos cooperativos,dinámicas de grupo, comedor.

Lugares: CEIP Nazaret // CEIP Espiñeira (se xuntamos un número para facer grupo)

Prezo: Actividades de mañá: 5 €/día
Inscrición : ata o mércores 12 de decembro

Información e inscrición: Casa da Xuventude Rúa Real 29, teléfono 986392171



NOTA: A Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade porá a disposición dos veciños/as de Cangas axudas para uunidades familiares que por escasez de recursos económicos non poden afrontar o custo das actividades de verán. Para máis información dirixirse a Centro Municipal de Benestar Social- 986392266



Ningún comentario: