xoves, 23 de outubro de 2014

Charla-coloquio da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Cangas

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública convoca a veciñanza de Cangas mañán xoves, 23 de outubro de 2014, ás 19:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas,  a unha charla-coloquio sobre o  novo acordo entre o SERGAS e POVISA (asinado a principios de setembro) e a libre elección de hospital por medio da Instrucción SERGAS 7/2014, na que podemos optar a elexir como hospital de referencia o CHUVI.

Ningún comentario: