venres, 8 de xullo de 2016

Un verán de conto polas rúas de Vigo (dende o 6 de xullo ao 2 de setembro)

"Un total de 22 actividades dirixidas a público infantil percorrerán diferentes lugares da cidade. O Centro de Interpretación da Oralida programa polas rúas, prazas, parques, areais de Vigo... contos, regueifas, monicreques, cancións, lendas... dentro do programa "No verán... un conto".

Un total de 22 actividades dirixidas a público infantil percorrerán desde o 6 de xullo ao 2 de setembro diferentes lugares da cidade: Independencia, prazas da De Digao e da Lagoa en Navia, A Miñoca, O Calvario, a carballeira da Guía en Teis, a Alameda de Bouzas e detrás do museo Marco. Contadas, monicreques, música... contos para soñar e voar coa nosa imaxinación, para acadar as nubes e para levar a pota... sempre contando coa música das árbores a as fábulas de onte e hoxe... E para o público adulto regueifas para divertirse e apreciar o enxeño de quen improvisa en verso"....

Ningún comentario: