martes, 26 de xaneiro de 2016

A Xunta organiza visitas ás Illas Atlánticas para nenos e nenas fóra do período estival

O prazo de inscrición ábrese o vindeiro mércores, 27 de xaneiro. As actividades serán gratuítas salvo o transporte.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio retoma unha nova convocatoria do programa de visitas guiadas ‘Descubrindo o Parque Nacional’, que nesta edición terá como novidade as rutas específicas para o público infantil. A actividade busca divulgar e dar a coñecer o patrimonio natural dos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas, fóra da tempada de verán, para descubrir os seus valores desde outro punto de vista e nunha época de menor afluencia. As actividades serán gratuítas salvo o desprazamento ás illas.

Aquí máis información...

Ningún comentario: