luns, 19 de outubro de 2015

Liga de futbol sala escolar Comarcal, curso 2015-16

Co motivo de organizar unha liga de fútbol sala escolar entre centros a nivel municipal e comarcal, necesitamos saber cantos nenos/as queren formar parte dos equipos do Ceip A Rúa.

Faranse 3 equipos mixtos, Alevín (2004-05), Benxamín (2006-07) e pre-Benxamín (2008-09)

A tempada dará comenzo no mes de Novembro, xogarase no pavillón de Castrillón os sábados pola tarde cada 15 días. Informarémosvos se finalmente se formaron equipos e do calendario de partidos.

Como non temos actividade de fútbol, necesitariamos que algun pai ou nai se ofrezca voluntario para facer de entrenador durante os partidos e xestionar os cambios. Se o voso fillo ou filla quere formar parte dun dos equipos, por favor contesta cos seus datos (nome, data de nacemento e curso) polo tokapp, e-mail anpa.arua@gmail.com ou deixando unha nota no buzon da anpa poñendo como referencia: Futbol Sala, antes do vindeiro venres 23 de outubro.

Ningún comentario: