venres, 21 de setembro de 2012

URXENTE ACTIVIDADES (Hockey e Maxia)

Finalmente poidemos solucionar o problema de hockey e añadimos unha actividade máis. O balonmán se podemos ofertarémolo máis adiante, xa que polo de agora non temos dias libres no ximnasio.


NOTA:
Informámosvos que por motivos persoais do monitor de hockey sobre patíns, tivemos que cambiar a actividade, que pasa a ser simplemente “Hockey” (sen patíns), a actividade seguese a ofertar os mércores con posibilidade de cambiar o dia dependendo do grupo e das actividades que se formen.

NOVIDADE

Ofertamos unha nova actividade “Taller de maxia e ilusionismo”. Os mércores de 16:30 a 18:00. Imparte o mago Alessio. É unha actividade didáctica, na cal @s nen@s aprenderán a desenrolar a súa imaxinación, creando diversos aparatos de maxia co uso de obxetos cotidianos como poderian ser papeis, pegamento, fíos, cordas, lápis, etc... e aprenderán a fundir entre sí os sentidos da vista, o uso da mente e a sensibilidade nos movementos do corpo exercendo o arte da maxia cos aparatos que eles mesmos constrúan. Para nen@s de 5 a 12 anos. O custo da actividade é de 12€ para soci@s e 17€ para non soci@s.

Ningún comentario: