domingo, 23 de maio de 2010

SESION FORMATIVA DO MUNDO DAS TIC

O vindeiro mércores, día 26 de maio, ás 17:00 horas, na aula de informática do noso centro, terá lugar unha sesión formativa sobre diversos aspectos do mundo das TIC (a informática e os ordenadores). Trataranse temas como:

- As vantaxes de usar software libre nos nosos ordenadores.
- Aplicacións (programas) básicas en software libre (suite ofimática, navegador de internet...)
- Recursos educativos en internet: busca de información (google, wikipedia...), actividades online (flash, Jclic), xogos educativos, práctica de mecanografía, google maps, blogs, etc.
- Seguridade en internet... e calquera outro tema do voso interese.

Esperámosvos a tod@s!!!

Ningún comentario: